Nota de prensa
* O director territorial de Telefónica en Galicia e Asturias, Ignacio Aller, rafirmou a aposta da compañía por achegar estes servizos ás zonas rurais
* A capacidade será de ata 20 Mb e as localidades poderán dispoñer de acceso a Imagenio
No caso de Barreiros, será a de Rilleira a central na que se habilitarán un total de 150 accesos a Imagenio, ademais da de San Miguel Reinante, e estarán listos en maio. En canto a Trabada, a zona que se verá beneficiada, neste caso a partir de abril, será a parroquia de Fornia, grazas á central de Rilleira.
O director territorial de Telefónica manifestou durante este acto que a compañía continúa co seu compromiso de apostar polo rural galego, polo que segue traballando nesta dirección. Este novo anuncio é resultado deste esforzo que se está a desenvolver para levar ADSL e Imagenio a aquelas zonas da comunidade que permanecen aínda sen cobertura.
Imagenio conta cun servizo de Vídeo Baixo Demanda con máis de 300 contidos renovados semanalmente, dispoñibles para cando o cliente queira velos, e que abranguen todos os xéneros: o cine de estrea e de sempre, as preestreas dos capítulos das series de maior éxito, contidos infantís, documentais, etc. Dispón, así mesmo, da canle Gol Televisión –que é gratuíta ao contratar Imagenio-, o que a converteu na única oferta de televisión de pago que inclúe a Liga, a Champions e a Copa do Rei. A contratación do servizo pode realizarse na tenda Movistar más próxima ou a través do 1004.