Valadouro celebra o Mercado Tradicional Anual de Primavera o sábado 26
redac
Nota de prensa
O vindeiro sábado, 26 de marzo, celébrase unha nova edición do Mercado Tradicional Anual de Primavera de O Valadouro nunha carpa que vai a estar instalada diante do antigo matadoiro de Ferreira. Dentro desta carpa vamos poder atopar produtores do campo, cesteiros, zoqueiros, talladores, ferreiros, tendas de carne e doces típicos do val. Un mercado que pola mañá vai a estar animado coa compaña da Charanga NBA e pola tarde contaremos con talleres de rúa, xogos populares, hinchables, animación de rúa… totalmente de balde para todos os nenos da Mariña que se acheguen ata o Valadouro o vindeiro sábado. A maiores contaremos, tamén de balde para todos os nenos un circuito de ponis. Aademáis toda a hostalería colabora co evento organizando a VII ruta de tapeo por todos os locales hostaleiros Ferreira coas seguintes tapas:
Casa da Cultura FLAMENQUINES // SORPRESAS DA CULTURA
O Novo: COMBINADO CASERO // TERRA E MAR
Asturias: CATAPLINES // AL DIABLO
Méndez: ROLLO PICANTE // AVIONETA
Nardo: COCIDO GALLLEGO // REVUELTO
Venezuela: PATATAS A LA IMPORTANCIA // EXALTACIÓN DE PORCO
EN SALSA MARINERA CON PRODUTOS DO VAL
Vila do Val: BOCADITOS DE GRELOS Y JAMÓN / PATATAS REVOLCONAS
Colorao: MAREXADA // SACO RECHEO
El Valle: BROCHETAS Y SABORES // QUITAFRIO
Balsa: PULPO CON CACHELOS // RAXO CON PATACAS
De Jacinto: FRICANDOÓ DE TENREIRA // MIGAXAS DE BACALLAU