Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE reclama a posta en marcha das obras da EDAR e os colectores de Cervo e o emisario de San Cibrao

NOTA DE PRENSA

OS SOCIALISTAS RECLAMAN A POSTA EN MARCHA DAS OBRAS DA EDAR E OS COLECTORES DE CERVO (FIGUEIRIDO), E O EMISARIO DE SAN CIBRAO

-O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego dixo que o único departamento que funciona na Xunta para a Comarca da Mariña “é o departamento de demolicións”, en alusión ao Colexio Publico Rivera Casas e a Cofraria de Pescadores

– Fixo alusión ao anuncio da construcción do Porto deportivo en San Ciprian, e denuncia que “non hai ningunha partida orzamentaria consignada para esta infraestructura”, por iso advirte que se trata “dun novo Goletazo de Feijoo para os mariñaos”

San Ciprian (Lugo), 26 de marzo de 2011. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego, acompañado da Vicepresidenta da Deputación de Lugo e candidato socialista ao Concello de Cervo, Lara Méndez presentaron hoxe en rolda de prensa unha iniciativa parlamentaria para reclamar a Xunta que poña en marcha os recursos e medidas precisas para a execución das obras da EDAR e os colectores de Cervo (Figueirido) e o emisario de San Cibrao.

O deputado socialista dixo que o único departamento que funciona na Xunta para a Comarca da Mariña é o departamento de demolicións, en alusión ao Colexio Publico Rivera Casas e a Cofraria de Pescadores.

Rego tamén fixo alusión ao anuncio da construcción do Porto deportivo en San Ciprian, e denuncia que “non hai ningunha partida orzamentaria consignada para esta infraestructura”, por iso advirte que se trata “dun novo Goletazo de Feijoo para os mariñaos”.

Pola súa banda a candidata socialista á Alcaldía de Cervo Lara Méndez asegurou que o abandono, a desidia e a inoperancia do Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, fai que San Ciprian hoxe non teña o saneamento finalizado. E lembrou o investimento de 5 millóns de euros por parte do Goberno central para a execución desta infraestructura. E emprazouno a buscar unha solución “o Alcalde comprometeuse a rematar esta obra no 2009 e a día de hoxe non rematou”, e engadiu “ten que adicarse a solvertar os problemas dos veciños e non a enredar cos seus asuntos”, sentenciou.

Exit mobile version