Nota de prensa
ACTO DE PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA SOCIALISTA DE FOZ ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2011
Onte, domingo, 13 de marzo, nun acto no que participou o Ministro de Fomento, Pepe Blanco, o Presidente da Deputación José Ramón Gómez Besteiro o Alcalde de Foz, José María García Rivera, presentou a candidatura que concurrira ás vindeiras eleccións municipais polo PSdG- PSOE.
Ante case 500 veciños e veciñas do pobo de Foz e diversas autoridades, Pepe Rivera falou de continuar co seu compromiso de honradez, seriedade e transparencia co pobo de Foz. Que desexaba continuar sendo alcalde por que era algo que lle saía da cabeza e do corazón, porque quería pelexar polo seu pobo ata que non tivese mais forzas e que esta seguro de que nas vindeiras eleccións o Partido Socialista gobernará cunha maioría clara e rotunda.
Agradeceu tanto o Ministro de Fomento, Pepe Blanco, como o Presidente da Deputación José Ramón Gómez Besteiro, o seu compromiso co pobo de Foz.
Pepe Rivera, encabezará de novo as listas co propósito de continuar o goberno socialista en Foz, cun proxecto cheo de ilusión, experiencia e co obxectivo de seguir facendo que o Concello de Foz sexa unha referencia de progreso e do que os veciños e veciñas de sintan orgullosos/as.
Presentou unha lista renovada, onde se aposta pola xuventude, pois varios dos seus integrantes teñen unha idade inferior aos trinta anos e agradeceu as Concelleiras Rosa Alonso e Arancha Incera, que non repiten na candidatura, o bo traballo realizado nesta lexislatura,
Acompañando na candidatura a Pepe Rivera están José Ramón Val Alonso, Rosa Pérez Grandaílle, Pedro Fernández Marful, Ana Isabel AlonsoVillarino, Ramón Sixto Legaspi, José Manuel Casabella Otero, Elsa Otero Otero , Aurora Díaz Arias, José Ledo Caserío, Cristian Rodríguez Díaz, Vanina Cabrera Sánchez, José Ramón Villarino Neira, Jesús Fernández Castiñeira, Roberto López Piñeiroa, Cosme Veiga Marful, Maria Luisa Piñeira Núñez e Guadalupe Neira Luaces.