Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz pide que o PP lle esixa á Xunta celeridade para a VAC da costa

Nota de prensa

Nota de prensa

O PSOE de Foz pídelle a Balseiro que esixa á Xunta a mesma celeridade na VAC que lle reclama a Blanco no corredor

Os socialistas agradecen o compromiso do Ministro de Fomento, José Blanco, coa nosa comarca, “cada vez que anuncia unha nova visita á Mariña é para traer boas noticias”

Os socialistas de Foz pídenlle ó secretario xeral dos populares lucenses, José Manuel Balseiro, que ó igual que esixe ó Ministro de Fomento compromiso e celeridade co tramo do corredor da costa Barreiros-San Cibrao, lle reclame esa mesma responsabilidade ó presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, coas obras que lle competen da Vía de Alta Capacidade.

Dende a Agrupación Socialista de Foz recordan que “o Goberno non ten olvidado o treito de corredor no que ten competencias, Barreiros- San Cibrao, por se non están ben informados, o proxecto está en fase de estudo de impacto medioambiental, mentras que a Xunta de Galicia sí ten olvidada a Vía de Alta Capacidade. Os únicos treitos nos que se ve algo de movemento son, San Cibrao-Viveiro e a variante de Ortigueira, obras que xa deixara licitadas o anterior goberno bipartito. O actual, que preside Núñez Feijoo, o único do que se preocupou foi de retrasar a execución das obras ata o ano 2017”.

Blanco, comprometido coa Mariña

Asimesmo, os socialistas amosan o seu agradecemento a José Blanco porque “cada vez que anuncia unha nova visita á Mariña é para traer boas noticias. A última vez, a apertura dun novo tramo da Autovía do Cantábrico e agora, a inauguración dun novo espazo de valor paisaxístico no entorno do río Ouro e da recuperación integral da ponte vella de Fazouro”. E engaden “non así, Núñez Feijoo veu presentar ó candidato popular para Foz, veu inaugurar a nova ETAP de Cervo e Burela, que por certo, foi unha obra xa comprometida polo bipartito, e sempre vén coas mans nos petos. Segue sen facer realidade as súas promesas, non lle interesa falar da residencia de maiores nin, por exemplo, do dragado do noso porto. Demostra unha e outra vez o pouco interese e esforzo que ten pola nosa comarca e, en concreto, polos veciños de Foz”.

Exit mobile version