Nota de prensa
O PSOE de Cervo pídelle a Portos que se comprometa co porto deportivo de San Cibrao
Lara Méndez subliñou a falta de decencia de Álvarez-Campana tras visitar o concello, falar dunha reunión privada, anunciala na prensa e non saber os veciños da localidade con quen a mantivo.
CERVO, 4 DE MARZO. A portavoz dos socialistas no Concello de Cervo, Lara Méndez, pídelle ó presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, o mesmo compromiso que amosou esta semana en Morás co porto deportivo de San Cibrao. A socialista insistiu en que “é unha boa nova esta mellora nas instalacións deportivas de Xove, pero queremos ver ese mesmo esforzo e compromiso polo Concello de Cervo”
Lara Méndez subliñou que trala visita ás instalacións portuarias de Morás, Álvarez-Campana mantivo unha reunión “privada” en San Cibrao para tratar o tema do porto deportivo, pero o único que fixeron foi “aproveitar o encontro para xustificar o retraso de novas sobre estas instalacións e a xustificación baixo o paraugas da falsa austeridade da construción da Goleta, cabe recordarlle que cando se fixo a proposta da construción da Goleta xa estábamos en momentos de dificultade económica, sen mencionar que xa estaba adxudicada de una forma cando menos irregular. E engadiu “non entendemos como o presidente de Portos de Galicia pode visitar o concello con dirixentes políticos da localidade, pero tampouco sabemos quen estaba en dita reunión nin tan sequera se estivo presente o Alcalde do Concello, pero si anunciar de dita reunión aos medios”.
Dende o Grupo Municipal Socialista pedimos que “Portos de Galicia se comprometa con cifras e prazos co noso porto e que non actúen como están acostumados a facelo. Moitos proxectos que se plantexan, se chegan a adxudicar e acaban sempre no aire. Isto demostra a pouca seriedade e pouca palabra que teñen. Esixímoslles que fagan o esforzo de comprometerse de verdade cos veciños e traballar para ter o porto que tódolos Cervenses se merecen”.
Lara Méndez recordou que “o porto deportivo que vimos pedindo dende hai moitos anos para San Cibrao nunca chega, sempre temos que esperar. É unha promesa feita ós veciños, que levan loitando por isto moito tempo, que nunca se cumpre”.