Nota de prensa
Méndez asegura que as obras en Trasbar non serían posibles sen a axuda da Deputación e o Goberno Central
* A portavoz socialista afirma que “estas obras poderían estar feitas se o alcalde se preocupase máis polos veciños de Cervo”
* Méndez sinala que “é vergoñento que Alfonso Villares non recoñeza o esforzo inversor da Deputación e do Goberno Central que lle permiten levar a cabo estas obras”
* A socialista espera que o rexedor se preocupe do mantemento da nova depuradora, e que “non faga o mesmo que coa de Castelo que está nun estado lamentable”
Por isto, Lara Méndez afirma que “estas obras que se inician entrado o mes de marzo, son obras planeadas dende o ano pasado. Non sei de qué presume o Alcalde, cando esta actuación puido estar rematada dende hai tempo. Este retraso demostra a inoperancia do señor alcalde, que unha vez máis manifesta o seu desinterese e esforzo polos veciños de Cervo”.
Asimesmo, a voceira do grupo socialista neste municipio sinala que “é vergoñento que o alcalde faga saber o inicio destas obras en Trasbar e se olvide de nomear ó resto de administracións que lle permiten levar a cabo estas actuacións. De feito, dos 54.844,08 euros que costa esta mellora, o 75% é asumido polo Goberno Central e a Deputación de Lugo, que están a facer un gran esforzo inversor no noso concello”.
O mantemento é tamén importante
Lara Méndez, quen amosou a súa satisfacción polo inicio das obras, engadiu que “dende o Partido Socialista de Cervo esixímoslle ó rexedor municipal que actúe coa maior celeridade posible e que lembre que é necesario ocuparse e preocuparse da posta en funcionamento e posterior mantemento das instalacións. Esperamos que esta nova estación depuradora non acabe como a situada na parroquia de Castelo, posta en marcha co Plan de Obras e Servicios (POS) do 2008, na que se invertiron outros 55.591,92 euros no lugar do Castro e que agora está nun estado lamentable. O que volve a poñer de manifesto a deixadez do señor alcalde e a vagancia á que nos ten acostumados”.