Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo di que lamenta que o alcalde non cite aos seus veciños a inauguración da ETAP e si convide aos de Burela

Nota de prensa

O PSOE DE CERVO LAMENTA QUE O ALCALDE NON CITE ÓS SEUS VECIÑOS Á INAUGURACIÓN DA NOVA ETAP E SÍ CONVIDE ÓS DE BURELA

Lara Méndez asegura que a corporación foi oficialmente citada tan só dúas horas antes do acto, “Villares volveu a demostrar que se preocupa máis dos seus propios intereses que polos de tódolos Cervenses”.

CERVO, 11 DE MARZO. A portavoz do Grupo Municipal Socialista de Cervo, Lara Méndez, lamenta que o alcalde, o señor Alfonso Villares, non convidara en tempo e forma nin ós representantes políticos nin ós veciños de Cervo para acudir esta mañá á inauguración da nova Estación de Tratamento de Augas Potables de A Senra que abastecerá ós Concellos de Cervo e de Burela, obra necesaria para abastecer de auga aos dous Concellos, e si tivera a xentileza de avisar en tempo e forma a algunha asociación entre outras a do Concello veciño de Burela.

Lara Méndez sinalou que “hoxe mesmo ás 10.49 da mañá recibín unha chamada do Concello para invitarnos ó acto, cando a inauguración tería lugar pouco despois, estaba prevista para as 12.45. Paréceme unha falla de respeto por parte do alcalde, que non cite ós concelleiros e ós veciños do municipio, cando coñecemos hoxe mesmo pola prensa que sí se preocupou de convocar con anterioridade a algunha asociación, e falla de respeto non e para a corporación senón para os veciños de Cervo que foi os que elixiron aos seus representantes, ”.

A voceira dos socialistas de Cervo subliñou que “este comportamento do señor Villares volve a poñer de manifesto o seu desinterese total polos Cervenses. Alfonso Villares demostrou unha vez máis a súa finalidade partidista, mirando sempre polos seus intereses e nunca polos intereses comunitarios, de outra forma non se entende que eu sexa convocada antes por parte da Xunta de Galicia como Vicepresidenta da Deputación Provincial que como concelleira de Cervo”.

Exit mobile version