Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo culpa ao alcalde de que o saneamento de San Cibrao e Cuíña non estea rematado

Nota de prensa:
MÉNDEZ CULPA A VILLARES DE QUE A REDE DE SANEAMENTO DE SAN CIBRAO E CUÍÑA NON ESTIVERA REMATADA DENDE HAI TEMPO

– Agradecen o esforzo inversor da Confederación Hidrográfica do Cantábrico en beneficio dos veciños de Cervo para que poideran disfrutar deste servizo tan necesario

– Os socialistas esíxenlle ó alcalde que inste á Xunta de Galicia a que constrúa o emisario que falta canto antes para que este servizo se poida poñer en marcha

CERVO, 24 DE MARZO. A portavoz dos socialistas de Cervo, Lara Méndez, sinalou que “dende o Partido Socialista estamos moi agradecidos ó presidente da Confederación Hidrográfica do Cantábrico, Jorge Marquínez, porque estas obras de saneamento de Cuíña e San Cibrao foron posibles grazas ó financiamento do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, a través do organismo que preside, con fondos do Plan E para actuacións específicas. Todas estas administracións fixeron un gran esforzo inversor, preto de 5 millóns de euros, en beneficio de tódolos veciños do Concello de Cervo, para que poideran disfrutar dun servizo moi necesario que viñan reclamando dende hai anos”.

Lara Méndez amosou a súa satisfacción tras visitar as obras finalizadas da primera fase da nova rede de saneamento en San Cibrao a pesar de que “este servizo non se poida poñer en marcha porque falta construir o emisario que dé saída ó saneamento, competencia da Xunta de Galicia”.

A socialista lamenta que o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, culpe ó anterior goberno bipartito de impedir a entrada en servizo desta rede e subliñou que “o señor Villares ten toda a razón ó afirmar que o socialista Francisco Vázquez, como conselleiro de Medio Ambiente da Xunta bipartita, tivera que modificar substancialmente esta actuación, pero esquécese de apuntar o motivo, que por se non o lembra pódollo recordar eu mesma. Foi él quen non puxo a disposición daquel goberno os terreos correspondentes e non quedou máis remedio que cambiar o proxecto e modificar o trazado das obras. Se en lugar de antepoñer os seus intereses políticos, se preocupase polos veciños de Cervo, esta rede de sanemento estaría lista dende hai tempo”.

Dende o Grupo Municipal Socialista esiximos que “o alcalde actúe coa mesma celeridade e premura que actúa para facer outras obras, como o derribo dun edificio público, e que inste á Xunta de Galicia a traballar con urxencia para construír o emisario que falta para que esta rede de saneamento se poida poñer en marcha canto antes. O alcalde volveu a demostrar a súa falta de interese e esforzo polos veciños de Cervo, culpando ó anterior goberno da Xunta de perxudicar ó concello por non ser da súa mesma cor política, cando levan os seus, dous anos no goberno autonómico, e non foron capaces de facer nada para solucionar o problema”.

Exit mobile version