Nota de prensa
O CONCELLO AMOSOULLE O SEU APOIO INCONDICIONAL ÁS FLOTAS DE ARRASTRE E CERCO E DEMÁNDALLE AO GOBERNO A ADOPCIÓN DE MEDIDAS PARA CONSEGUIR UN INCREMENTO DAS COTAS DE LIRIO, CABALA, PESCADA, XUREL OU BERTORELLA. NO PLENO DE ONTE TAMÉN SE APROBARON INICIALMENTE OS ORZAMENTOS PARA 2011.
Burela, 4 de marzo de 2011. O Concello amosóulle o seu apoio incondicional ás flotas de arrastre e cerco e demándalle ao goberno a adopción de medidas para conseguir un incremento das cotas de lirio, cabala, pescada, xurel ou bertorella. No pleno ordinario de onte tamén se aprobaron inicialmente os orzamentos para 2011.
O alcalde, Alfredo Llano, sinlou que “no pleno aprobóuse por unanimidade a constitución da mesa local de comercio e aprobóuse inicialmente cos votos a favor do equipo de goberno e cos votos en contra do PP o orzamento para este 2011 que ascende a 6.214.000 euros. Esta cifra supón un incremento con respecto aos presupostos de 2010 do 1’66%”.
O rexedor dixo que “este orzamento foi elaborando tendo en conta a realidade que se está a vivir, do que se preocupa un é de facer a mellor xestión posible sen afectarlle ao futuro económico do noso concello. Hai que procurar que o equilibrio orzamentario nos dea perfectamente, tentamos conservar un certo remanente, un certo superávit e tratamos de manter aqueles servizos comprometidos no ámbito social e en obras. É un presuposto axustado e humilde, pero pensamos que nos servirá para ter unha referencia clara para todo este ano”.
Mocións
Llano contou que “tamén debatimos varias mocións, unha delas solicitando deixar sen efecto as liquidacións negativas dos anos 2008 e 2009. Ésta foi aprobada por unanimidade. Despois había outra moi importante en apoio do sector pesqueiro galego afectado polos recortes da cotas, aprobamos unha enmenda proposta polo equipo de goberno na que acordamos, entre outras cousas, amosar o apoio incondicional do Concello de Burela ás flotas de arrastre e cerco galegas e concretamente ás de Burela, dado que xeneran moitos empregos tanto na nosa comunidade como na nosa vila e demandar ao goberno a adopción de accións precisas para posibilitar o incremento das cotas da pesca, non só no que se refire ao lirio e a cabala senón tamén na pescada, no xurel, na bertorella e noutras especies que estamos a capturar”.
O corredor Barreiros-San Cibrao tamén centro parte do debate plenario de onte, “e despois rematamos o pleno con outra moción para instar ao Ministerio de Fomento a impulsar o corredor Barreiros-San Cibrao, aí tamén aprobamos unha enmenda na que incluimos non só a Fomento senón tamén instar á Xunta a que tome as medidas necesarias para que o corredor Ferrol-San Cibrao entre en servizo o antes posible. Nós puxémoslle a data do 2013, aínda que sabemos que será difícil”.