Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz preguntará porque traballadores do plan Emprega Lugo están limpando plaquetas á man

Nota de prensa:
O PARTIDO POPULAR DE FOZ PREGUNTARÁ MAÑA NO PLENO CAL É O MOTIVO POLO QUE VARIOS DOS TRABALLADORES DO PLAN EMPREGA LUGO ESTAN A SER “CASTIGADOS” LIMPANDO AS XUNTAS DAS PLAQUETAS DA ACERA Á MAN UNHA A UNHA.

Foz, 31/03/11.-

O Portavoz municipal do Partido Popular de Foz vai a preguntar mañá no pleno, ¿Cal é o motivo de que varias empregadas do plan emprega Lugo, estean limpando unha por unha as xuntas das plaquetas das beirarrúas, cando existen métodos de lavado a presión máis rápidos e eficaces e menos humillantes para o traballador.

É posible que a falta de organización e previsión do concello, que non sabe onde empregar ao persoal sexa un dos motivos polos que estes empregados públicos sexan obrigados a facer unha tarefa tan pouco eficiente e gratificante para a cal non entendemos que se fixera un proceso de selección tan complicado, onde temos constancia por persoas que se presentaron ao exame de que a dificultade de certas probas e preguntas para o acceso ás prazas ofertadas foi bastante esaxerada.

Polo tanto preguntámoslle ao sr. alcalde ¿Estaban previstos e planificados estes traballos de limpeza a man das xuntas das plaquetas antes de facer o exame?, ¿Alguén valorou o custe da operación? Ou é que como son cartos que pagan outras administracións tanto nos da, e o principal desta cuestión era emprear a 29 persoas nun posto de traballo provisional, dous meses antes das eleccións a costa incluso do orgullo persoal do traballador contratado, que nin uniforme oficial recibiron?

¿É interesante para o pobo dar a imaxe que se está dando aos cidadáns, de que os seus recursos están a ser infrautilizados e usados partidistamente sen control ningún polo sr. alcalde?, ¿Non sería mellor reorganizar o persoal e facer labores de mantemento no rural en pistas forestais, limpeza de cunetas, camiños e vías municipais nas parroquias, zonas recreativas das mesmas que están abandonadas?

O partido Popular de Foz cree que dende o concello por desidia e falta de previsión non se están a xestionar correctamente os recursos públicos, posto que non existe traballo algún das concellerías e o Sr. Rivera está a entreterse con problemas de dimisións internas e intentando bloquear o Dragado da ría, dedicando demasiado tempo aos medios de comunicación e moi pouco á xestión do concello.

Reciban un cordial saúdo de, Pedro Fernández Manín, portavoz municipal do PP de Foz.

UN PASO A DIANTE, POPULARES DE FOZ

Exit mobile version