Nota de prensa
CASTIÑEIRA RESALTA QUE A VISITA DE ALVAREZ CAMPANA A FOZ DEMOSTRA O COMPROMISO DA XUNTA DE GALICIA DE INICIAR O DRAGADO E O INTERESE DE REORGANIZAR A ZONA PORTUARIA QUE NOS SOLICITAMOS NO PARLAMENTO, E POLO CONTRARIO A AUSENCIA DO ALCALDE MOSTRA UN “PASOTISMO TOTAL” INACEPTABLE.
Lamentamos a ausencia do Sr Rivera, alcalde de todos os focenses que se retirou unha vez falou coa prensa sen haber chegado o Presidente de Portos que traía un pequeno retraso de media hora no horario establecido, coa perplexidade dos que alí estábamos presentes, demostrando un desinterés e unha falta de respeto tremendo ante as institucións alí representadas e os temas tan importantes a tratar.
Está claro que Rivera non se esforza o máis mínimo por requirir o dragado nin obra algunha á xunta de Galicia, e prefire facelo dende os medios de comunicación e non directamente cos responsables da Consellería, como así fixo a cofradía de pescadores, o clube náutico e o Partido Popular, quedando claro que si a visita ven da Xunta de Galicia non é igual de ben recibida que si ven do Sr Besteiro da Deputación de Lugo.
Unha falta de respeto institucional que rozou o ridículo e que dende logo non escureceu o importante da visita, que era mostrarlle aos representantes da Xunta e aos técnicos a necesidade de acometer o dragado o antes posible, e falar do futuro das instalacións portuarias de Foz e da restruturación solicitada no Parlamento de Galicia polos populares focenses, que para totalidade dos alí presentes é unha actuación fundamental para o desenrolo futuro do pobo, non sabemos si ao alcalde Rivera lle parece o mesmo, posto que vindo do Partido Popular é probable que non lle interese.
Os responsables da Xunta tamén comprobaron o funcionamento do sistema experimental implantado no porto de videovixilancia, que aposta por reforzar a seguridade nos equipamentos portuarios da Mariña.
Queremos agradecer tamén a parte do compromiso da Xunta, o propio da Cofradía e do clube Náutico que ao contrario do Alcalde focense, sí están a tirar do carro para que estas obras se acometan de urxencia.