Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela escandalizase pola edición dun novo número da revista “O temón

Nota de prensa

O PP califica de “escandalosa, partidista e electoralista” a edición dun novo número da revista “O temón”.

* Se a paga a Deputación, é un derroche de cartos públicos en beneficio do PSOE, afirman desde o PP.
* Os populares piden que a Fundación EXPOMAR lle pague á Confraría de Pescadores o que lle debe.

Burela, 21 de marzo de 2011.- O Partido Popular (PP) de Burela tachou hoxe de “escandalosa” a edición dun novo número da revista “O temón”, revista que segundo consta na segunda páxina edita a Fundación EXPOMAR, que tén un anuncio da Deputación nesa mesma páxina, e que en todo caso mezcla información sobre a pesca, información sobre a Deputación, e información sobre a actividade do alcalde.

Para os populares, esta publicación é “un escándalo, partidista e electoralista”, porque, se a paga a Deputación, estase a pagar cos cartos de todos os cidadáns da provincia un panfleto propagandístico en beneficio do PSOE, o que resulta intolerable, e demostra a forma caciquil e clientelar de facer política de Besteiro e de Llano, que son exactamente iguales ca Rodríguez Zapatero. Ademais, de pagalo a Deputación, cabe preguntarse por que os cartos que costa esta revista non se destinan, por exemplo, a axudar a asociacións e colectivos bureleses que non teñen fondos para desenvolver a súa actividade, ou mesmo para aportar máis fondos para a edición da feira deste ano.

Os populares tamén afirman que, se a revista a paga a Fundación EXPOMAR, estamos ante un uso claramente partidista dunha Fundación que mentres gobernou o PP estivo fóra de calquera liorta política, e que ainda tén débedas coa Confraría de Pescadores. Polo tanto, habería que pedirlle á Fundación EXPOMAR, que está presidida polo alcalde, que lle pague o que lle debe á Confraría de Pescadores, uns vinte mil euros, e que en todo caso deixe de solicitar axudas para a celebración da Feira, porque se hai cartos para pagar a revista tamén debería habelos para facer a Feira.

E se a revista non a paga a Fundación EXPOMAR, o alcalde como presidente da fundación ou os propios patronos, deberían aclarar eles mesmos toda esta farsa escandalosa que o único que está provocando é que a propia Fundación perda toda credibilidade por deixar usar o seu nome de forma claramente partidista en plena precampaña electoral.

Finalmente, o PP asegura que os cidadáns non son tontos, porque condenan o uso dos cartos de todos en beneficio de uns poucos, neste caso en beneficio de Besteiro e de Llano, fotocopias absoltuamente en todo de Zaptero. Esto demostra que os socialistas ven as institucións, neste caso a Deputación e o concello, e mesmo a propia Fundación EXPOMAR, como algo propio e que as usan con ánimo partidista e electoralista; que están nerviosos, e que teñen medo a perder o poder. Que o perderán, porque a cidadanía non consinte que se malgasten os cartos de todos para facer política. Se queren facer revistas de propaganda, que as paguen dos seus bolsillos.

Exit mobile version