Nota de prensa
O PP de Burela constitúe o grupo de traballo “Populares seniors”.
Tén como obxectivo xenerar información de interese para xubilados e prexubilados .
Servirá como canle de participación activa dentro da estructura dos populares.
O Partido Popular (PP) de Burela anunciou hoxe a constitución dun grupo de traballo dentro do partido que se denomirá “Populares seniors”, logo de que o presidente local e candidato á alcaldía, José María González Barcia, mantivese unha reunión con afiliados e simpatizantes populares que se atopan en situación de xubilación ou prexubilación.
O obxectivo fundamental da constitución deste grupo de traballo é xenerar desde dentro do partido unha dinámica de traballo que se dirixa a facilitar información sobre asuntos que lles afectan directamente ós “Populares seniors”, por un lado, e facer que os seniors participen de forma máis activa na vida interna do partido e mesmo na proxección exterior. Desde o PP indican que as persoas xubiladas e prexubiladas teñen uns intereses comuns ó resto da cidadanía, pero tamén teñen uns intereses que lles son propios e específicos.
O presidente do PP local e candidato á alcaldía afirmou que “levábamos con esta idea desde hai aproximadamente un ano, pero nos ia quedando riba da mesa; nestes momentos, houbo xa un grupo de persoas que se manifestaron interesadas, e a partires de agora mesmo comenzamos a traballar. De feito, nos próximos días os “Populares seniors” anunciarán xa algún tipo de actividade”.
Deste xeito, afirma Barcia, a poboaciòn pode verificar dous aspectos fundamentais que lle afectan ó PP local: é un partido vivo, onde os seus afiliados e simpatizantes contan e contan moito, e ademais é un partido aberto á sociedade, porque as actividades que organice o PP estarán destinadas a todas aquelas persoas que, nos voten ou non, queiran asistir.
Ademais, os “Populares seniors” farán públicos un horario de atención e os servicios de información á cidadanía desde a sede do PP de Burela, cos fins especificados anteriormente.