NOTA DE PRENSA
O GMPP: “Ismael Rego esquece que as obras do acceso ó porto paralizáronse coa Xunta bipartita”.
* Os populares pídenlle a Rego que aclare por que o bipartito non continuou coa obra.
* Afirman que a Xunta tén que cumplir coa lexislación vixente.
Burela, 10 de marzo de 2011.- O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela lamentou hoxe que o parlamentario socialista Ismael Rego demostre que “non tén nin idea das obras de acceso ó porto: parece que descoñece que foi coa Xunta bipartita cando se paralizaron as obras, que hai unha sentencia que hai que cumplir, que hai aspectos técnicos que hai que resolver, e que foi a Xunta bipartita quen provocou toda esta situación coa súa neglixencia de modificación do proxecto para provocar unha baixa considerable no presuposto de adxudicación”.
Os populares pídenlle a Rego que antes de falar se informe detidamente, porque non sabemos onde estaba o Sr.Rego cando a Xunta que presidía Touriño paralizou as obras: daquela o Sr. Rego non foi capaz de abrir a boca, e agora que a Xunta de Feijoo decide continuar coa obra, pero cumplindo a lexislación e cumplindo unha sentencia xudicial, resulta que o Sr. Rego, con mui pouca credibilidade xa en Burela, tén a desfachatez de criticar á Xunta por facer o que ten que facer e cumplir con Burela, cousa que non fixo nin a Xunta bipartita nin o propio PSOE.
Este proxecto faise para cumplir coa sentencia xudicial e para adaptar a obra ó planeamento urbanístico de Burela. Cómpre recordar que este proxecto supón que o presuposto da obra prácticamente se dobla, xa que pasa de catro millóns e medio de euros a oito millóns. A Xunta tenta cumplir todos os requisitos xudiciais e legais, e semella que ó Sr. Rego esto non lle gusta.
Desde o PP pedímoslle ó Sr. Rego que se deixe de enredar e que aclare se quere que se faiga ou non esta obra.