Site icon Crónica3.com A Mariña

O I.E.S. Perdouro organiza un Libro Forum que contará co escritor zaragozano Fernando Lalana

Nota de prensa

LIBRO FORUM NO IES PERODURO – O ESCRITOR FERNANDO LALANA VISITA O I.E.S. PERDOURO DE BURELA

Mañá, venres, 18 de marzo ás 12 da mañá, contaremos na biblioteca do I.E.S. Perdouro coa visita do recoñecido escritor zaragozano Fernando Lalana, autor de máis de 80 libros infantís e xuvenís. Foi galardoado con numerosos premios, entre eles o Gran Angular de novela coas súas obras El zulo, Hubo una vez otra guerra e Scratch; o Premio Barco de Vapor por Silvia y la máquina qué; ou o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil por Morirás en Chafarinas, obra que foi levada ao cine en 1995 con este mesmo título polo director Pedro Olea.

Nesta terceira visita ao I.E.S. Perdouro, pois xa estivera aquí no ano 2001 falando do seu libro El paso del Estrecho e no ano 2009 comentando a súa novela La Tuneladora, ven a charlar co alumnado de 3º de E.S.O. sobre a novela que veñen de ler, El último muerto, publicada pola editorial Bambú en abril do 2010, intrigante relato que ten como protagonista ao detective Fermín Escartín, tamén protagonista doutras das súas obras como El asunto Galindo e La Tuneladora.

Exit mobile version