Site icon Crónica3.com A Mariña

O IES Perdouro de Burela acolle venres as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior

Mañá probas de acceso a ciclos no IES PERDOURO. Horarios
Nota de prensa

Probas de acceso a CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR.

Celebración da proba: Mañá Venres 1 de abril de 2011

Lugar de celebración na Mariña: IES PERDOURO

Presentación.
– Ás 9:00 horas.

Parte común da proba.
– Das 10:15 ás 13:45 horas (matemáticas, lingua galega e lingua castelá).

Parte específica da proba.
– Das 16:00 ás 18:30 horas: materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo.

En cada chamamento as persoas inscritas estarán situadas na porta da entrada ao edificio principal á espera de instruccións do tribunal.

As persoas que estean exentas de realizar a parte común acudirán directamente ao chamamento antes das 16:00 horas.
As persoas que estean exentas de realizar a parte específica acudirán soamente ao chamamento das 9:00 horas.
As persoas que estean exentas das dúas partes non terán que acudir á celebración da proba.

As persoas que acudan ás probas procurarán estar nas inmediacións do centro coa antelación suficiente, tendo en conta os problemas de aparcadoiro que poidan xurdir, xa que estamos a carón do Hospital da Costa.

Instrucións para a realización das probas de acceso a grao superior
http://www.edu.xunta.es/fp/files/probas11/Instrucions_realizacion_probas_acceso_grao_superior.pdf

máis información nos enderezos:

http://www.edu.xunta.es/centros/iesperdouro/
http://www.edu.xunta.es/fp/

Exit mobile version