Nota de prensa:
O Goberno central concede 6 millóns de euros para asentar novas empresas na provincia
– O Presidente da Deputación e o Director de Industria avanzaron que a achega das axudas do Plan Reindus na provincia increméntase nun 40% con respecto ó ano pasado logo da presentación desta iniciativa en Lugo
– 21 proxectos poderán levarse a cabo cos estas subvencións, permitindo un investimento de 28 millóns de euros e a creación de 78 novos postos de traballos na provincia
– As xestión levadas a cabo dende a Deputación, fixo que o organismo provincial logre o 70% das axudas concedidas ás administracións lucenses
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Director Xeral do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, Jesús Candil, presentaron este xoves no Pazo provincial as axudas que o Goberno central vén de conceder á provincia dentro do Plan Reindus. Este proxecto para a reindustrialización e modernización do proceso produtivo deixa este ano en Lugo 6 millóns de euros, un 40% máis con respecto á convocatoria anterior onde a provincia lucense recibiu 3,6 millóns de euros.
Estas axudas repártense nun total de 21 proxectos empresarias fronte ós 8 do ano pasado, logrando un incremento do 62%. Ó respecto Besteiro salientou que “hai 6 meses celebramos no Pazo provincial unha xornada decisiva que marcou un antes e un despois na provincia no que se refire ás axudas do Plan Reindus de Industria. Nesa data, o Director Xeral presentaba en Lugo o proxecto do Goberno de España que busca a reindustrialización. Foi unha xornada decisiva que supuxo un cambio de tendencia na provincia”. Pola súa banda, Candil engadiu que “la reunión fue un punto de inflexión porque en Lugo no se presentaban proyectos. Aquel encuentro no fue casual, se produjo tras la visita del Presidente de la Diputación al Ministerio de Industria para incidir en que en otras provincias las ayudas del Reindus funcionaban mientras que en la suya no ocurría lo mismo. Visto el éxito, hoy me comprometo a explicar en Lugo los resultados de la convocatoria de estas ayudas para 2012 a principios de marzo o finales de febrero de ese año”.
As entidades beneficiadas en 2011 sitúanse en Concellos de todas as cores políticas: Lugo, Castro de Rei, Chantada, Cospeito, Foz, Palas de Rei, A Pontenova, Portomarín, Ribadeo, Vilalba, Chantada e Paradela. O seu impulso, mediante a concesión destas subvencións, suporá un investimento na provincia de 28 millóns de euros, así como a creación de 78 novos postos de traballo directos.
Por exemplo, Industria concedeu 800.000 euros á empresa mariñana “Materiales Cerámicos S.A” para a construción dunha nova planta de gres porcelánico na localidade focense do Fazouro.
A Deputación logra 800.000 euros
As Administracións lucenses reciben 5 axudas por valor de 1.130.000 euros. A Deputación logrou 3 destas subvencións dotadas de 800.000 euros o que significa o 70% do total. O organismo provincial achegará 500.000 euros á urbanización e dotación de equipamento do parque tecnolóxico do Campus de Lugo. Os restantes 300.000 euros servirán para abaratar o prezo do solo industrial de Chantada e Paradela. No caso do polígono chantadino, este custe reducirase nun 10% quedando en 33 euros o metro cadrado. Na área industrial de Paradela, baixarase nun 20% situándose en 27,5 euros o metro cadrado. A maiores, o organismo provincial ofreceu ós empresarios a posibilidade de efectuar o pago das parcelas nun prazo máximo de 5 anos fronte ós 3 anos do polígono das Gándaras anunciado pola Xunta.
Plan Reindus
Candil avanzou que o Plan Reindus, un programa do Ministerio de Industria negociado coa Unión Europea, reeditarase tanto en 2012 como en 2013. A partir desta última data, haberá unha regularización comunitaria, ata entón garántense estas axudas ós empresarios do país. O Director explicou ademais, que existen 2 tipos de axudas dentro deste Plan: as subvencións a fondo perdido que se conceden a institucións públicas ou entidades sen ánimo de lucro e que no 90% dos casos se achegan á creación de solo industrial; así como os créditos cun tipo de interese 0 e sen aval.
En total, nos últimos 4 anos, o Plan Reindus achegou a Lugo axudas por valor de máis de 11 millóns de euros das que se beneficiaron 37 iniciativas empresariais cuxa posta en marcha conlevaron unha inxección económica de máis de 42 millóns de euros, así como a xeración de 127 empregos directos na provincia.