Nota de prensa
A Deputación dá traballo a 54 persoas coas primeiras obras do Miño e con novas actuacións noutros 3 Concellos
– 12 traballarán na construción dos 4 pantaláns e do parque infantil do Pazo de Feiras e Congresos dentro Plan Director, que impulsan conxuntamente Concello de Lugo e organismo provincial, e cuxo proxecto foi aprobado hoxe pola Xunta de Goberno
– As 42 persoas restantes prestarán o seu servizo nas obras que a Deputación executará en Pedrafita do Cebreiro, Foz e Burela, e que suman preto de 500.000 euros
– Antonio Gato anuncia que o Consorcio vén de adxundicar o último equipamento para rematar definitivamente a dotación dos parques, “polo que concluímos a nosa parte. Só falta que a Xunta cumpra coa súa, axilizando a cesión das instalacións”
O voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, sublimou que “cando o Concello nos encargou o proxecto, acordamos aforrar recursos elaborando un plan único das sv administracións. Para a Deputación tan importante é o que se faga como se financie e como se administren os fondos públicos. Con el os lucenses terán un paseo de 20 quilómetros, que superará ó paseo marítimo da Coruña, hoxe o máis grande de Europa con 13 quilómetros. Pero este Plan Director ten outra vertente igual de importante: a económica. A posta en valor da ribeira do río tradúcese en novas oportunidades para a cidade. Con esta actuación, non só faremos rendible o anillo verde de Lugo senón que crearemos novos postos de traballo na cidade. Só coas actuacións que aprobamos hoxe estamos mantendo uns 12 empregos”.
Tres dos pantaláns situaranse na zona dos Robles. Terán unha lonxitude de 24 metros de longo por 8 de ancho. Destes, dous son para maiores coa profundidade do río e 1 só con 0,50 de fondura para os nenos. Na zona da Fábrica da Luz situarase o cuarto, que terá unha lonxitude de 6 metros de longo por 2,50 de ancho. Polo que se refire ó parque infantil, será cuberto e terá unha lonxitude de 21 metros de longo por 14 de ancho. Ocupará unha extensión de 300 metros cadrados nas inmediacións do Pazo de Feiras e Congresos. O seu pavimento será de caucho e disporá de 2 tobogáns, 1 columpio e xogos de redes, entre outros elementos de ocio para os máis cativos.
Máis obras e máis emprego
Asimesmo, deuse o visto e prace a novas actuacións en Pedrafita do Cebreiro, Foz e Burela por importe de 453.945 euros coas que a Deputación seguirá aumentando o investimento en obra pública e na creación de postos de traballo. Trátase das obras adicionais na estrada provincial 4504 que vai de Pedrafita ó Portelo. O importe desta actuación é de 112.474 euros. Este traballos, que inclúen o ensanche e desmoste de terreos, así como a mellora do afirmado e pintado da estrada, súmanse ás realizadas nesta vía con anterioridade, dotadas con 756.465 euros. O organismo provincial tamén acometerá por valor de 75.000 euros o saneamento da Marosa, en Burela. En Foz, tal e como anunciou onte o Presidente na visita realizada onte, aprobouse dentro do Fondo Complementario de 9,5 millóns de euros do Plan Extraordinario de Obra Pública, aprobou a contración da mellora da rede viaria municipal con aglomerado en quente e o acondicionamento da sala de exposicións e cafetería no Cenima e instalación de SPA na piscina municipal por importe de 266.471 euros.
En total, coas obras do Plan Director do río Miño e estas últimas, a Deputación mantén 54 postos de traballo, nas de Pedrafita traballarán 10 persoas, 12 en Burela e 19 en Foz.
“Concluímos a dotación dos parques de bombeiros”
Antonio Gato tamén anunciou que o Consorcio adxudicou este xoves a contratación dun sistema de radio dixital por valor de 124.000 euros que comunica todos os parques de bombeiros, así como o persoal dende calquera punto da provincia, “polo que concluímos todo o proceso que conleva á dotación dos parques para a súa posta en funcionamento”. A semana pasada aprobouse a posta a disposición do Consorcio dos 17 vehículos adquiridos polo equipo de goberno da Deputación nos que investiu preto de 2,7 millós de euros. Deste xeito, o organismo provincial ten todo listo para abrir os parques o 1 de maio, “despois de 24 anos sen cobertura contraincendios e saldando unha débeda histórica que só quedaba pendente na svíncia de Lugo”.
A este respecto, Antonio Gato lembrou que para que a Xunta cumpra coa súa parte no Consorcio debe axilizar os tramites, que aínda non fixo, para ceder as instalacións de: Viveiro, Chantada, Sarria e Vilalba. As de Barreiros, construídas polo organismo provincial, s pertencen ó Consorcio porque a Deputación tamén axilizou a súa cesión. “Trátase dun acordo sen precedentes que puxo fin á situación de abandono que sufría Lugo ó non contar, a diferenza de todas as provincias galegas, cun servizo de extinción de incendios”.
O novo sistema de radio dixital inclúe a instalación de repetidores e enlaces que, no caso dunha emerxencia nos 67 Concellos lucenses, alertarán simultaneamente ás sedes das instalacións contraincendios e a todos os vehículos, independentemente da súa situación xeográfica. É dicir, non existirán espazos de sombra. Este sistema, que garante a comunicación total na provincia, estará listo no mes de abril. Para asegurar a plena operatividade, os bombeiros recibirán formación sobre o emprego das terminais fixas instaladas nos parques e dos móbiles correspondentes os vehículos.
O obxectivo da Deputación é garantizar o 100% da cobertura contraincendios da provincia, de tal xeito que está disposta a aportar a metade do investimento sempre e cando a Xunta cofinancie, como lle corresponde, o outro 50%. Os 123 bombeiros contratados polo Consorcio rematarán o próximo 26 de abril o proceso de 400 horas de formación, estando preparados para comezar a súa actividade. Co obxectivo de reforzar a cobertura contraincendios, o Consorcio incrementou en 9 o número de postos de emprego con respecto á previsión inicial. Deste xeito, cada parque terá sempre un mínimo de entre 19-22 bombeiros, garantindo o servizo as 24 horas e os 365 días ó ano.
“Actividade municipal desusada na Ulloa”
Antonio Gato referiuse á situación política de Palas de Rei e Antas de Ulla. “En Palas tamén hai actividade rápida, directa porque o candidadato a Alcadía fai retrato como tal no despacho do Alcalde e mándallelo ós veciños gastando os cartos do Concello, polo que quen é o verdadeiro rexedor? A nós na Deputación plantéxasenos un problema, que con tal fotol xa non sabemos a quen nos temos que dirixir”. Asimesmo puntualizou: “en Antas de Ulla a alarma tamén está motivada porque o Secretario levaba 30 anos exercendo e foi apartado polo Alcalde por fiscalizar a xestión. Así andamos na comarca da Ulloa”.
“Fraude á vontade política dos veciños do Courel”
Polo que se refire á Alcaldesa do Courel, que concurre ás eleccións municipais nas listas do Partido Popular, Antonio Gato sinalou que non é menos vistosoo o que pasa no Courel. Lembro que hai dous anos esta señora marchaba do PP e o propio Barreiro dicía que alí non tiña nada que facer porque xa era independente. Naquel momento, Barreiro pasou sen dar explicacións e sen dicir que debía ser repudiada porque se serviu dun tránsfuga converténdose en cómplice. Agora, non só se volta a saudar senón que a presenta con todos os honores. Isto demostra que a posición ética do PP queda moi baixa. É un verdadeiro fraude á vontade política dos veciños do Courel, que teñen que se sentir enganados por semellante maniobra. Na política non serve todo”.