Site icon Crónica3.com A Mariña

O Consello Consultivo a favor da caducidade da concesión do porto náutico ao Concello de Viveiro

Nota de prensa

O CONSELLO CONSULTIVO INFORMOU FAVORABLEMENTE A PROPOSTA DE PORTOS DE GALICIA DE CADUCIDADE DA CONCESIÓN DAS INSTALACIÓNS NÁUTICO RECREATIVAS AO CONCELLO DE VIVEIRO

* O ditame ratifica a existencia de reiterados incumprimentos por parte da Administración local das condicións da concesión, susceptibles de dar lugar a súa caducidade

Santiago, 26 de marzo de 2011.- O Consello Consultivo de Galicia vén de emitir informe favorable á proposta de Portos de Galicia de caducidade da concesión outorgada ao Concello de Viveiro en 1998 para a explotacións das instalacións náutico recreativas. O órgano de consulta avala así o procedemento iniciado polo ente público que preside José Manuel Álvarez-Campana para rescindir a relación contractual neste sentido coa Administración local viveirense.

No informe, o Consello Consultivo da conta dos reiterados incumprimentos por parte do Concello das condicións da concesión; incumprimentos que, entende, son susceptibles de dar lugar á súa caducidade. Así, fai constar o incumprimento da obriga de comezar as obras no tempo estipulado: “das obras previstas no proxecto do ano 2004, moitas delas atópanse, no ano 2010, aínda sen executar”.

Así mesmo, recóllese o impagamento por parte do Concello das taxas debidas polo desenvolvemento da actividade comercial en 2008 e 2009; e o uso indebido das instalación, que deberían destinarse exclusivamente á explotación náutico recreativa, pero nas que “o concesionario realiza todo tipo de eventos (feira do libro, exposicións…)”.  Finalmente o informe reflicte o incumprimento da condición xeral 5ª que esixe a consignación na Tesourería Xeral da Xunta de Galicia de garantía definitiva ou de constitución equivalente ao 5 por cento do orzamento total das obras.

Exit mobile version