Nota de prensa
EN REMOURELLE DAN COMEZO HOXE OS TRABALLOS DE REBACHEO DE PISTAS E CAMIÑOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL, QUE SEGUIRÁN NOS VINDEIROS DÍAS POR OUTRAS PARROQUIAS E POLA VILA. FERNANDO SUÁREZ SUBLIÑOU QUE “MENTRAS OUTROS LOCEN ANUNCIOS XA REALIZADOS POLA XUNTA, NÓS ACTUAMOS”.
Ribadeo, 8 de marzo de 2011. En Remourelle dan comezo hoxe os traballos de rebacheo de pistas e camiños de titularidade municipal, que seguirán nos vindeiros días por outras parroquias de Ribadeo e pola vila. O investimento ascende a 50.000 euros. O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que “mentras outros locen anuncios xa feitos pola Xunta hai tempo, nós actuamos”.
O rexedor anunciou que “desde o Concello de Ribadeo licitamos e adxudicamos a execución de obras de rebacheo en diferentes camiños e pistas de titularidade municipal, que se atopan bastante deteriorados moitas veces por mor destas chuvias tan importantes e destes acontecementos climatolóxicos do inverno, que sempre provocan un destrozo das pistas que é necesario ano tras ano rebachear e actuar con coidado para que non se poñan peor”.
Suárez Barcia contou que “estamos actuando en casi todas as parroquias do interior e da costa, así como tamén en varias rúas do casco urbano. Estes traballos suporán un desembolso duns 50.000 euros. E a diferencia dalgún outro candidato que estes días anda por aí lucindo anuncios, que xa anunciara hai varios meses o propio conselleiro da Xunta, sen que se vexa por ningún lado actuación algunha e seguramente que nos vindeiros días tampouco empezarán eses traballos, que desde o Concello pedimos por unanimidade de todos os grupos hai meses, nós a diferencia doutra xente non vendemos motos, nós actuamos. E boa proba delo é que as máquinas hoxe están a traballar no lugar de Remourelle na parroquia de Arante e irán a continuación polo resto de parroquias tanto do interior como da costa”.
O alcalde de Ribadeo pide disculpas “aos veciños por ternos demorado ata que mellorou o tempo, pero é necesario porque non se pode rebachear en determinacións condicións nas pistas e quero pedir disculpas tamén porque seguramente molestemos e terán nalgúns casos que facer desvíos dos seus traxectos cos vehículos, pero durante estas actuacións debemos manter a seguridade pública”.