Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Lurenzá repartiu máis de 40 premios no último Entroido do ano na comarca

Nota de prensa:

Dende a Concellería de Cultura do Concello de Lourenzá queremos, en primeiro lugar, agradecer os servizos que, de maneira desinteresada prestaron ao longo da xornada de onte, os membros das agrupacións locais, laurentina e da Fonsagrada (que nos acompañou neste evento por primeira vez); e que contribuiron a que o Desfile se realizara con toda normalidade e sen ningún percance.
Por outra banda, agradecer a colaboración das Áreas de Cultura dos Concellos veciños que formaron parte do xurado desta edición; neste caso, serían os representantes de: Foz, Abadín, Ourol, Valadouro, Trabada, Barreiros, Cervo, Vicedo (así como Lourenzá); que se repartiron para xulgar as categorías Infantil e Adulta.
Dar as gracias ás entidades que cederon espazos para o mellor desenrolo do evento; neste caso concreto, o C.E.I.P. Juan Rey e Muebles Hermida, que contribuiron coa cesión de prazas de aparcamento nas súas instalacións.
Reseñar, tamén, a ardua labor dos membros de ACIAL, implicados na organización do Entroido, que adican a totalidade da xornada; así como os meses previos a perfilar a programación dos actos que compoñen o “Domingo de Piñata laurentino”.
Tamén a paciencia do público asistente, fiel ao Entroido Laurentino, que nos acompaña cada ano, a pesares das inclemencias meteorolóxicas, que non son quen de deslucir o desfile, e que non impiden que ano a ano medre o número de visitantes.
Finalmente, reseñar a procedencia variada dos participantes e gañadores, que van desde Concellos do Occidente Astur (Taramundi, Vegadeo, Tapia…); así como de Concellos da provincia lucense, tanto do interior como da Mariña (Muimenta, Castro de Rei, Lugo, Villalba, Cervo, Vicedo, Viveiro, Ribadeo, Foz, Mondoñedo, Barreiros, Burela…); e da veciña provincia de Coruña (Ortigueira….). (Adxunto relación de premiados)

RELACIÓN DE PREMIADOS ENTROIDO 2011 – LOURENZÁ

PREMIO

INDIVIDUALES INFANTILES

Muíño da auga
Mazurca de millo
Galicia Calidade
Mamá, quiero una Barbie
O río galego
A nena dos bombóns
La Cabaretera
Ben corchada

PREMIO

PARELLAS INFANTILES

Alicia en el País de las Maravillas y el sombrero loco
Rompenoces
Fadas fantasías
Parella de gnomos
Desayuno

PREMIO

GRUPOS INFANTILES

Escuela de golfistas
A quién le amarga un dulce
El Pulpo Paul
Érase unha vez o home
A Revista
As 8000 pallas

PREMIO

INDIVIDUALES ADULTOS

Camaleón robótico
O avó e o neto
Las cuatro estaciones
A Primavera

PREMIO

PARELLAS ADULTOS

Señor e señora Mantis
Reciclando cartón
Jardín de las sirenas
Non hai coma o de antes

PREMIO

GRUPOS ADULTOS

Un bosque con encanto
Los locos del Tío Vivo
Los perros juguetones
Mariscos de la Ría

PREMIO

CARROZAS

“Disco 70” compartido con “La colmena” *
Rocieros pachanjeros

PREMIO

CHARANGAS

Pataqueirada
O mellor de cada casa
Os Pelochos

PREMIO

COMPARSAS

Sin Xeito
Ruxe Ruxe
A Trancas e Barrancas
Foliada
Exit mobile version