Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo repartirá preto de 6 mil euros en premios no Entroido

Nota de prensa

CALENDARIO DE ACTOS ENTROIDO 2011 – CONCELLO DE CERVO

– Venres, 04 de Marzo

* SAN CIPRIÁN
o 22: 30 h. CEA DE COMADRES en Restaurante Buenavista.

Organiza: Amas de Casa e Consumidores ALBORADA.

-Sábado, 05 de Marzo

* CERVO
o 18.30 h. DESFILE DE ENTROIDO INFANTIL, FESTIVAL DE PLAY-BACKS E ESPECTÁCULO DE MAXIA E CONTACONTOS a cargo de Raviolina

Organiza: Airiños do Xunco

-Domingo, 06 de Marzo

* CERVO
o 18:00 h. DESFILE DE ENTROIDO.
+ Saída do Colexio
+ As comparsas deberán inscribirse antes do día do desfile (domingo). Para facelo terán que contactar con algún membro da directiva de “Airiños do Xunco”

Organiza: Asociación Cultural Airiños do Xunco

– Luns, 07 de Marzo

* SAN CIPRIÁN
o 17:30 h. BAILE INFANTIL DE ENTROIDO
o Pavillón Municipal de Deportes
o Animación, inchables e xogos infantís con agasallos aos participantes.

– Martes, 08 de Marzo

* SAN CIPRIÁN
o 18:00 h. DESFILE DE ENTROIDO
+ Amenizado pala charanga “FARANGULLAS” de Foz.
# Percorrido: Saída do Pavillón Municipal de Deportes e chegada á praza da Casa da Cultura.
# Premios ás mellores comparsas e vales de consumición nos locais de hostalería da vila a todos os participantes.
+ Ao remate do desfile entregaranse os premios infantís no auditorio.
+ As nenas e nenos poderán gozar de xogos Inchables no Pavillón Municipal da Veiga
o 22:00 h. CEA DE ENTROIDO no Restaurante Buenavista.
# Retirada de invitación no propio local.
# Organiza: CIT San Ciprián.
o 22:00 h. BAILE DE ENTROIDO en Discoteca Pasos.
o Ás 00:30 h. farase entrega dos premios aos gañadores do desfile.

Organiza: Asociación “A Sombriza” e Concello de Cervo.

Colaboran: Amas de casa “Alborada”, A. Veciños “Cruz da Venta”, CIT San Ciprián, Asociación “Os Farillóns”, Asociación “Pasiño a Pasiño”

– Sábado, 12 de Marzo

* SAN ROMÁN
o 22.00 h. Festa de Entroido
o Pavillón da Comunidade de Montes de San Román

Organiza: Mulleres Rurais As Espalladoras

INFORMACIÓN AOS MEDIOS

O CONCELLO REPARTIRÁ PRETO DE 6.000 EUROS EN PREMIOS NOS ENTROIDOS QUE TERÁN LUGAR NAS DISTINTOS NÚCLEOS DO MUNICIPIO

* O domingo 6 de marzo en Cervo, o martes 8 de marzo en San Ciprián e o sábado 12 de marzo en San Román terán lugar os desfiles de Entroido.

Cervo, 4 de marzo de 2011.- O Concello repartirá preto de 6.000 euros en premios e agasallos entre os participantes nalgunha das tres citas festivas de Entroido que terán lugar proximamente neste municipio. Así o explicou a concelleira de Cultura e Xuventude, Chelo Gallego, quen tamén animou a todos os veciños da comarca a participar nelas e ter así a oportunidade de obter un premio para os mellores disfraces.

O Concello colaborou coas principais asociacións para a elaboración dun amplo programa de actividades no que as tres principais citas son os desfiles de Entroido que terán lugar o domingo 6 de marzo en Cervo, na capital municipal, a partir das 18.00 horas, con saída desde o colexio. O martes, 8 de marzo, será a quenda do desfile de San Ciprián, con saída do pavillón da Veiga; e finalmente o sábado 12 de marzo, celebrarase a festa de Entroido no pavillón da comunidades de montes de San Román con baile a partir das 22 horas e desfile a partir das doce da noite. No caso de Cervo a organización correrá a cargo da asociación Airiños e en San Román a cita está organizada polas Mulleres Rurais As Espalladoras, contan ambas co apoio e colaboración do Concello.

OUTROS ACTOS

Con todo, este ano tamén haberá outras citas de relevancia, como son as tradicionais cenas organizadas polas asociacións Alborada –hoxe, 4 de marzo “Cea de Comadres” no restaurante Buena Vista de San Ciprián- e a cena que o propio martes 8 -día do desfile- organiza o Centro de Iniciativas Turísticas. Para participar en ambas cómpre poñerse en contacto coas devanditas entidades.

DESFILES INFANTÍS EN CERVO E SAN CIPRIÁN

Ademais, a asociación “Airiños do Xunco” organizou para mañá, 5 de marzo, en Cervo unnha festa de play-backs e un desfile de Entroido infantil, que terá lugar no Salón de Plenos-Auditorio da Casa do Concello a partir das 16.30 horas. E o luns, 7 de marzo, no pavillón da Veiga, será a quenda do desfile infantil en San Ciprián, tamén con música e xogos varios.

INSCRICIÓN NO ENTROIDO EN SAN CIPRIÁN

Dende a concellería de Cultura do Concello de Cervo lembran ás persoas interesadas en participar no desfile de Entroido de San Ciprián que hoxe é o derradeiro día para inscribirse se queren ter dereito a recibir vales de consumicións para os establecementos de hostalería da vila colaboradores co Entroido. Para facelo, deberán dirixirse á casa da Cultura.

De tódolos xeitos, o prazo de inscrición para aquelas persoas e grupos interesados en concursar e optar ao premio da súa categoría rematará o mesmo día do desfile (martes día 8). Iso si, aqueles que opten por inscribirse o vindeiro luns (07 de marzo) ou o propio martes, día 8 (de 16.00 a 17.30 horas) na oficina habilitada ao efecto no Pavillón Polideportivo Municipal da Veiga non terán dereito a recibir ditos vales de consumición.

VALES POR CONSUMICIÓNS NA HOSTALERÍA

O Concello de Cervo fará entrega de preto de 6.000 euros en premios a repartir entre aqueles que desexen participar neste desfile de Entroido de San Ciprián. Poderase optar por participar a título individual, por parellas, como grupo ou comparsa. Os premios inclúen desde diñeiro en metálico para os gañadores ata vales para consumicións nos establecementos de hostalería colaboradores co Entroido (para todos os que se inscriban na Casa da Cultura ata hoxe, venres 4 de marzo, como dixemos anteriormente).

Estes vales para consumicións serán por valor de 5€, para a categoría individual, 10€ para as parellas, 25 € para os grupos, e 50€ para as comparsas.

XOGOS INCHABLES AO REMATAR O DESFILE

O punto de partida do desfile será, unha vez máis, o Pavillón Polideportivo Municipal da Veiga. Alí dará inicio un percorrido polas principais rúas de San Ciprián que rematará na Casa da Cultura. Neste momento está previsto a entrega dos premios para os menores de 18 anos,así como a dos vales de consumicións, previa deliberación do xurado. Os máis novos ademais están convidados a participar nunha actividade con xogos inchables organizada pola asociación A Sombriza no pavillón da Veiga, xusto ao rematar o desfile.

Non será ata a noite, no baile de disfraces que comezará as 22.00 horas na Discoteca Pasos, cando teña lugar a entrega dos premios en metálico das categorías de adultos.

PREMIOS EN METÁLICO

Segundo explicou concelleira de Cultura do Concello de Cervo, a popular Chelo Gallego, o reparto dos premios en metálico se efectuará do seguinte xeito:

Individual:

1º premio: 50 €

2º premio: 30 €

3º premio: 20 €

Parellas:

1º premio: 100 €

2º premio: 70 €

3º premio: 50 €

Grupos:

1º premio: 150 €

2º premio: 100 €

3º premio: 70 €

Comparsa Xuvenil-Infantil

1º premio: 250 €

2º premio: 150 €

3º premio: 100 €

Comparsa Adultos

1º premio: 400 €

2º premio: 250 €

3º premio: 150 €

Exit mobile version