Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela rematou a limpeza e mellora do paseo marítimo á Marosa e ao Cantiño

Nota de prensa

REMATARON OS TRABALLOS DE LIMPEZA E ADECENTAMENTO DOS PASEOS MARÍTIMOS DE BURELA, SEGUNDO VEN DE ANUNCIAR ALFREDO LLANO. EN BREVE ESTAS TAREFAS REALIZARANSE NO MONTE CASTELO.

Burela, 28 de marzo de 2011. Remataron os traballos de limpeza e adecentamento do paseo marítimo que une A Marosa con Burela e o que vai ata O Cantiño, segundo ven de anunciar o alcalde, Alfredo Llano.

O rexedor explicou que “como queremos ter todo listo para uso e disfrute dos nosos veciños e dos que nos poidan visitar durante a semana santa xa estivemos a traballar estes últimos días na limpeza dos paseos marítimos, no segado da herba e no mantemento das zonas axardinadas. Desde A Marosa ata O Cantiño temos todo listo”.

Llano tamén subliñou que “procedemos á limpeza do camiño da Vía e a finais desta semana ou principios da próxima comezaremos a realizar estes traballos no Monte Castelo. Queremos ter todo en perfectas condicións para que os veciños poidan acudir a este lugar agora que chegou a primavera. Todo sen deixar de actuar nos xardíns da vila, dos que tamén estaremos moi pendentes ao longo dos vindeiros días”.

Exit mobile version