Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG solicita no Parlamento axudas para embarcacións e tripulacións do cerco afectadas polo paro do lirio e da xarda

Nota de prensa

Basanta denuncia que esta situación afectan de xeito directo a corenta focegos

O BNG solicita no Parlamento axudas para embarcacións e tripulacións do cerco obrigadas a parar polas cotas do lirio e da xarda

Foz a 11 de febreiro de 2011.- O Bloque Nacionalista Galego rexistrou este xoves unha Proposición Non de Lei no Parlamento de Galiza no que insta ao Goberno autonómico a que habilite liñas de axuda a fin de amortiguar as consecuencias que no segmento da flota do cerco vai provocar a paralización da actividade como consecuencia das cotas de pesca impostas pola Comisión Europea para a xarda.

“A Xunta ten que mollarse e deixar de mirar para o outro lado” afirmou Basanta quen denunciou que “esta medida afecta de forma directa a preto de corenta mariñeiros focegos que foron á pesca da xarda nas catro tarrafas da nosa localidade con base en Burela. Non é de recibo a posición da administración autonómica que se apunta a non gobernar, cando os propios responsábeis da Consellaría de Pesca deron por bo nun primeiro momento o reparto da Comisión”. Na mesma liña o Portavoz do BNG de Foz indicou que “a resultante final do actual reparto de cotas ten unhas consecuencias moito peor das agardadas, posto que a paralización da actividade dáse antes do esperado posto que os barcos ás penas pescaron durante unha semana para alcanzar o tope de capturas”.

O nacionalista referiuse “as graves consecuencias económicas que esta decisión ten para o conxunto do sector pesqueiro focego pero tamén a totalidade do pobo. Pensemos nesas preto de corenta persoas e as súas familias que tiñan posto importantes esperanzas nesta campaña e cuxos ingresos depende do total de capturas, fican sen sustento algún. Armadores e mariñeiros, fican pillados posto que os créditos, as letras, os alugueres eses si que non paran. Pero hai máis, posto que estamos a falar de persoas que fan os seus gastos en Foz, que compran e consumen nos nosos comercios e negocios e cuxo poder adquisitivo vaise ver totalmente anulado e tamén falamos de embarcacións que para estas campañas compran e fan gasto nos negocios locais. ”.

Xan Carlos González Basanta volveu a incidir a situación no que fica en Foz o sector de transformación desta localidade “que en 2009 actividade transformaron arredor de 16.000 toneladas de corriolo, pouco menos da cota total que hoxe se lle asigna ao Estado, ocupando durante tres meses só nas labores de conxelado e fileteado nos diferentes centros de traballo que existen na Mariña a preto de 200 persoas, o ano pasado a actividade limitouse só a un mes. Non só estamos poñéndolle freo a unha industria cuxo nivel de facturación xa andaba por riba dos 30 millóns de euros, unha industria que estaba nun proceso continuado de expansión, unha industria que destinaba a maioría do seu producto a exportación a mercados exteriores de países emerxentes e que polo tanto xogaba un importante papel no equilibrio do déficit comercial da zona, senón que vai ter unhas consecuencias en termos de emprego importantísimas”.

Os nacionalistas referíronse por ultimo as declaracións efectuadas polo PP en relación coa posición do BNG neste tema, afirmando que “non imos permitir leccións dun partido que en Galiza e en Foz se converteu nunha autentica máquina de crear desempregados ata o punto de que hoxe ten que responder e dar unha solución a situación na que se atopan os mariñeiros de Foz. Salta a vista o nulo compromiso do PP co sector pesqueiro de Foz do que tanto alardearon os populares locais, a indiferencia coa que toman esta situación e particularmente coa súa ausencia de alternativas. Outro tanto acontece coa súa posición de cara ao sector da transformación, deixado a intemperie pola Xunta de Galiza”.

Exit mobile version