Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG pídelle ao PP de Cervo que non responsabilice a terceiros do que eles non saben facer

Nota de prensa

O BNG PÍDELLE AO PP QUE NON RESPONSABILICE A TERCEIROS DO QUE ELES NON SABEN FACER

A Sra. Armada debería estar calada porqué ela foi quen xestionou no 2001 a cesión dos dous locais que agora se poden perder na Casa do Mar

Coa gardería queren ir de prestado cando podían ter aproveitado locais de propiedade municipal que preferiron demoler

Cervo, 5 de marzo de 2011. O BNG insistiu en que o goberno local demostrou como derrochar recursos económicos e de infraestruturas ao derrubar o centro de infantil do Rivera Casás “cando era de propiedade municipal e preferiu ir de prestado” pedindo outro local para a gardería. Os nacionalistas aclaran que e lóxico que aos locais da Casa do Mar se lles queira dar unha utilidade pero primeiro hai que telos e despois definir os seus usos non ao revés. Si en San Cibrao non hai locais para mellorar as instalacións do PAI que o solucionen, para iso son goberno e non lle pidan ao BNG responsabilidades sobre aquilo que eles non saben facer.

Preferiron ir de prestado no canto de aproveitar os recursos propios

O BNG acusou ao goberno local de “dar un exemplo de mala planificación e de desaproveitar os recursos existentes” ao preferir “ir de prestado cando había uns locais perfectos para mellorar as instalacións do Punto de Atención Infantil”, en referencia aos locais do centro de infantil do Rivera Casás de propiedade municipal que o goberno municipal derrubou para convertelos nun aparcamento. Os nacionalistas “consideran lóxico que os locais da Casa do Mar teñan utilidade pero primeiro hai que telos e despois definir os seus usos e non ao revés”, como fixo o goberno municipal.

Malgasto de recursos económicos e materiais

Para o portavoz municipal , Xoán Antón Estúa, “nun momento como o actual non e un bo exemplo derrubar infraestruturas públicas como fixo o goberno local co edificio de infantil do Rivera Casás, hai que aproveitalas e redefinir usos”. O nacionalista explicou que coa demolición desta instalación, “San Cibrao perdeu a oportunidade de compatibilizar a reutilización destes locais como gardería coa existencia da futura Praza dos Campos, malgastando infraestruturas e medios económicos”.

Armada xestionou a cesión dos dous locais prestados na Casa do Mar e non o debeu facer moi ben.

A resposta da Tesourería Xeral da Seguridade Social sobre a cesión de locais na Casa do Mar onde explica que os dous cedidos no 2001 puidose facer mediante unha tramitación nula, ao tramitarse coa Consellaría de Sanidade que non era titular do edifico, demostra mala xestión e ausencia de coñecemento da Concelleira Pilar Armada e o daquela Delegado Provincial de Sanidade, que o xestionaron.

Aos locais agora baleiros da Casa do Mar débeselles dar uso pero primeiro hai que telos.

Os nacionalistas, aínda así, entenden que “aos locais agora baleiros da Casa do Mar débeselles dar uso, pero primeiro hai que telos e despois definir que se quere facer con eles non ao revés como fixo o goberno local”. Estúa critica ao goberno local por “mala planificación e ausencia de criterio práctico”.

Exit mobile version