Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo chama a mobilizarse polo emprego, polo país e polo aforro galego

Nota de prensa

O BNG DE CERVO FAI UN CHAMAMENTO A MOBILIZARSE POLO EMPREGO, POLO PAÍS E POLO AFORRO GALEGO

Os nacionalistas informan no mercado de San Cibrao sobre a convocatoria da manifestación do próximo domingo en Compostela

GALIZA TEN DEREITO a manter os seus sectores productivos e a evitar unha nova diáspora na busca de emprego fora do país

Cervo, 10 de marzo de 2010. Representantes do BNG informaron hoxe no mercado de San Cibrao sobre a convocatoria da manifestación que terá lugar o próximo domingo 13 de marzo en Compostela co lema “GALIZA TEN DEREITO. EN DEFENSA DO AFORRO, DO EMPREGO E DO PAÍS”. Os nacionalista distribuíron follas informativas e informaron da posibilidade de viaxar en autobus reservando praza nos teléfonos 982140654 e 660159723.

Os nacionalistas denunciaron o constante medre das cifras do paro en Galiza, que por primeira vez superan a cifra histórica das 250.000 persoas, liderando os datos de destrucción de emprego do Estado e poñendo “negro sobre branco as falsas promesas de Feijoo e do Partido Popular que prometeran rematar co paro en Galiza en tres meses”. Co PP no goberno galego medran as cifras de desemprego, desmantélanse os sectores produtivos e temos un presidente que se desentende dos problemas do país, dedicado unicamente a buscar culpabeis fora e eludindo a suas propias responsabilidades.

Os nacionalistas acusaron ao PP de ser o partido que deixou a Galiza no 2005 coas taxas de desemprego mais altas do estado e volveron no 2009 para seguir no mesmo camiño. Polo medio lévanse por diante o sector lácteo, con mais de 1.500 explotacións pechadas dende a súa chegada ao goberno; o sector pesqueiro ao que non defenden mentres en Europa e Madrid recortan as súas cotas de capturas e como única solución so aportan o desguace de barcos.

Na mesma liña o BNG lembrou que Galiza vai camiño de perder a suficiencia enerxética da que dispoñía por mor do silencio cómplice do goberno galego e do apoio do PP estatal ao Decreto do Carbón que elimina as posibilidades de competencia para a industria enerxética galega. Igualmente, os nacionalistas denunciaron o camiño á perda da capacidade de fianciamento coa perda das caixas e a súa bancarización, xa foi o BNG quen empuxou a aprobación da Lei de Caixas e agora ten que ser outra vez o BNG quen empuxe ao PpdeG a facer algo na defensa do aforro galego.

Por último, os nacionalistas denunciaron que “temos un presidente da Xunta que non da a talla” diante dos gravísimos problemas que sofre o país. Por este motivo, diante dun PSdeG disposto a dar o visto bo a todo o que veña do goberno estatal e un PPdeG só dedicado a preparar a alternancia no mesmo goberno, os nacionalistas reclamamos acción na defensa dos intereses galegos e facemos un chamamento a mobilizarse polo país o próximo domingo 13 en Compostela.

Exit mobile version