O BNG de Barreiros sacou a rúa un novo número da súa publicación A Xanela
redac
Nota de prensa
Onte pola noite tivo lugar no restaurante A Yenka de Reinante a presentación do novo número da Xanela, a revista que edita o BNG de Barreiros. Do acto encargáronse: Ana Hermida, Belén Fernández (responsable local do BNG), Xesús Díaz e Antonio Veiga (estes dous últimos concelleiros do Bloque en Barreiros). A Xanela será repartida a vindeira semana polos domicilios de Barreiros. Entre os asuntos que aborda figuran o urbanismo, o estado da rede viaria local ou a construción dunha marquesina na praza do Concello.