Site icon Crónica3.com A Mariña

O biPP

Descubro con asombro un panfleto do PP de Burela no meu buzón, invadindo a miña propiedade. É un panfleto sen categoría de octavilla nin porte de boletín ou revistilla ao uso. Tratase dun cacho de papel dobrado e arrugado, embadurnado cunha cor indefinida, triste e cobarde, fundido nunha especie de névoa que parece que impide a transparencia para agachar algo.

Con dificultade deixa ver o que pretende ser información pre electoral do grupo municipal popular de Burela. Presenta a un candidato experto en derrotas, acollido a cargos dixitais, á espera de que non veñan tempos peores. Fai unha ampla referencia, chea de envexa, ao pasado recente dos gañadores das eleccións municipais e, finalmente, aporta un ridículo informe de xestión do PP, en catro parrafos, nun cuarto de paxina, dicindo nada.

E nada di o panfleto de disensións, dimisións ou abandonos e conflitos. Nin de intereses enfrontados nin de envexas. Nada fala do biPP. Nin do candidato na distancia, que cala e agarda a que pase o tempo, a espera de continuar en Lugo ou ter que vir para Burela.

Non se corresponde o panfleto, nin en continente nin en contido, ao que se espera dunha organización non troglodita, que non viva da añoranza dos tempos das pesetas. Magoa, hai panfletos con clase, estilo, impacto e gallardía, carentes de tons ácidos, rancios e mensaxes pesimistas, pero estes do biPP, nin uns nin outros, aínda non se decataron.

Xosé Rego

Exit mobile version