Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo e candidato do BNG á alcaldía participou na Convención Nacional Municipais 2011

Nota de prensa

16 oradores, en bloque con Forza para conquistar o Futuro

Santiago de Compostela, 26 de Marzo 2011. Baixo o lema “Coa túa forza hai Futuro”, o Bloque Nacionalista Galego celebrou en Santiago de Compostela a Convención Nacional Municipais 2011, marcado pola presenza da mocidade galega e as redes socias Facebook e Twitter.

Tras unha xornada matinal centrada nas propostas e experiencias de goberno con candidatos e candidatas menores de 30 anos como protagonistas, a tarde acolleu a intervención dos/as cabezas de lista ás grandes cidades e vilas galegas, para alén da do portavoz nacional, Guillerme Vázquez.

Unha vista do público desde o escenario
Cun pequeno retraso, motivado porque había que facer sitio á grande afluencia de xente a un ateigadísimo Pazo de Congresos, deu comezo o acto baixo os acordes músicais de Wonderful Land, de Mike Olfield, a vella sintonía do BNG que se acabou mesturando coas notas da actual, o “Xente” entoado pola poderosa voz de Guadi Galego.

O acto central da Convención deu comezo coa entrada do portavoz nacional subindo ao escenario e saudando ao público que ateigaba o auditorio do Palacio de Congresos no que a música electoral non silenciaba os berros de BNG, BNG, BNG!!!

Todos e todos as e os candidatas permanecían nas súas cadeiras acompañados polo Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez ata que Xosé Luís, O Carrabouxo, abriu o acto cunha das intervencións humorísticas e sarcásticas ás que tan acostumados nos ten e na que non faltaron alusión á Novacaixagalicia ou a política lingüística do Partido Popular.

Tras esta intervención tomaron a palabra Almudena Valiñas e Martiño Noriega, candidatos ás alcaldías de Avión e Teo que nun minuto e medio cada un coincidiron en afirmar que só “o BNG é a alternativa ao Partido Popular”.

Fernando Suárez, alcalde de Ribadeo e candidato do BNG á reelección, durante a súa intervención asegurou que coa chegada do BNG ao concello “se sanearon as contas municipais, se melloraron os problemas medioambientais e se crearon novas infraestructuras porque agora que “algún din que hai que recortar, nós estaremos cos que máis o necesitan”.

Exit mobile version