Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Foz destaca a participación multitudinaria no antroido que remata venres coa queima

Nota de prensa

O Concello de Foz está dando os últimos toques ao Carnaval 2011, según o Alcalde de Foz, responsable da organización deste evento, manifesta que o feito ata a data é algo que non se recorda no noso Concello dende hai moitísimos anos, pois o desfile do sábado pasado que foi multitudionario en participación e en personas ollando o mesmo, hai que unir os bailes infantiles celebrados na Sala Bahia, donde pasaron entre domingo e martes máis de 1200 personas entre nenos e maiores, así mesmo o baile de máscaras do pasado luns tivo unha resposta moi positiva con máis de 300 personas que entraron na Sala Bahia, non perdendo a tradicción de bailar o baile do farolillo, que causalmente foi gañado pola reina do Carnaval Sara Alonso e a súa parella.

Hai que destacar a participación das Amas de Casa que organizaron o baile infantil do pasado martes cun notable éxito.

Este xoves continúan os actos do carnaval e sobre todo do seu XXX aniversario, cunha cea da primeira comisión organizadora dos carnavales do ano 1982, están convocados Jaime López, Bolico, Teo, Antonio Eijo, Francisco Luis Rego, Pepe Rivera, e manteremos un recordo especial para dous compoñentes que xa non están con nós, pero que mantemos vivo o seu recordo, José Manuel López Iglesias, Presidente da Comisión, e Suso Nécega, vocal da mesma, entregaráselles un recordo especial de aquel ano 1982.

Para mañá venres temos a queima do Antroido, que partirá do Campo da Cabana ás 11 da noite, portado a hombros e con música, cantos e baile, será levado ata as inmediacións da Sala Bahía, donde será queimado e soará a forte traca que certifica a morte de D. Carnal, prégase a todos e a todas vestimenta de negro luto riguroso e que non falten a esta cita.

Ás 12 da noite na Sala Bahia farase unha homenaxe do 30 aniversario, a Dª Concha Pinto Ferreiro, pola súa traxectoria nas festas do Carnaval de todos estes anos, a continuación comezará o baile coa orquesta Ismael e que será totalmente gratuito, para rematar o 30 aniversario destes brillantes carnavales de Foz.

O Alcalde do Concello, José Mª García Rivera, quere agradecer a todos sen excepción o seu apoio a estes festexos, destacando o apoio do comercio e empresarios en xeral, dos traballadores municipais, da comisión organizadora e todos aqueles que fixeron posible que pasaramos uns días inolvidables, non esquecéndonos do pregoeiro deste ano, Xesús do Breogán.

Exit mobile version