Nota de prensa
COMEZAN OS TRABALLOS DA SEGUNDA FASE DE REFORESTACIÓN DO MONTE DA BIDUEIRA, EN CERVO
Cervo 10 de marzo de 2011.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e os representantes da asociación de Montes en Man Común “A Bidueira” de Cervo, comprobaron o desenvolvemento dos traballos da segunda fase de rexeneración silvícola e reforestación do monte da Bidueira, próximo ó núcleo de poboación da capitalidade municipal.
Segundo indicou o alcalde, estes traballos son a continuación das labores feitas pola Consellería de Medio Rural nesta superficie de 4,5 hectáreas a finais do pasado ano. A actuación consiste no desbroce, furado e plantación dunhas 8.500 plantas de 15 especies autóctonas distintas (bidueiras, salgueiros, esvedros, carballos..) co obxectivo de converter esta área nun xardín botánico.
Estreita Colaboración
O rexedor salientou a labor desenvolvida pola asociación de montes “A Bidueira”, presidida por José Francisco Rodríguez Mon, para levar adiante esta iniciativa e valorou positivamente a colaboración mantida entre o Goberno local o devandito colectivo para materializar este proxecto. “Creemos firmemente que a colaboración entre institucións e colectivos é o mellor camiño para facer realidade todos aqueles proxectos de interese xeral para o conxunto dos veciños e veciñas deste municipio” asegurou Villares.
Estes traballos de reforestación e plantación de novas especies autóctonas nos montes da Bidueira teñen un orzamento de 18.000 euros financiados pola Xunta de Galicia,