Nota de prensa
ALFREDO LLANO ACOMPAÑA A JOSÉ RAMÓN GÓMEZ BESTEIRO NA VISITA QUE ÉSTE CURSA HOXE A BURELA. O ALCALDE AGARDA QUE AS OBRAS DA PONTE DO PERDOURO ESTEAN LISTAS A FINAIS DE ABRIL.
Burela, 10 de marzo de 2011. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, acompaña ao presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, na visita que éste cursa hoxe a Burela.
O rexedor supervisa xunto ao presidente da Deputación varias zonas da vila, sobre todo aquelas nas que se realizarán obras con cargo ao millón de euros que a institución provincial investirá en Burela ao longo dos vindeiros meses. Antes de iniciarse a visita Alfredo Llano explicaba que “básicamente voulle explicar onde se vai gastar ese millón de euros que se investirá en 18 proxectos aquí na nosa vila”. O alcalde de Burela contou que “ademáis hoxe concretamente imos comezar visitando as obras de ponte do Perdouro, que xa se iniciaron o mes pasado e que van bastante avanzadas. Agardamos que se cumpran as expectativas e que estea lista a finais do vindeiro mes de abril, eu considero que incluso se podería rematar antes. Despois desprazarémonos á rúa Arcadio Pardiñas, alí remataremos o alumeado xa iniciado hai meses para lograr un aforro enerxético considerable e tamén faremos unha serie de melloras nos seus xardíns para que esta rúa estea acorde coa categoría do noso concello e que chame a atención nos aspectos estético e funcional”.
Llano engadiu que “despois pasaremos pola igrexa de Burela, porque o noso propósito é adecentar o seu patio, darlle un contido propio. Queremos ver cómo podemos mellorar todo o entorno da igrexa, porque consideramos que ao ser un dos poucos monumentos que temos aquí en Burela temos que adecéntalo e a ver si pouco a pouco podemos ir mellorando tamén o exterior da igrexa. E logo remataremos na zona da Casilla-A Marosa para efectuar alí dúas obras, a canalización e construcción dunha estación de bombeo de residuais e a mellora de beirarrúas e alumeado, sobre todo de cara o verán, porque é unha zona moi frecuentada”.