Entrega de premios do II Concurso de Poesía, organizado polo departamento de Servizos Sociais do Concello de Barreiros para conmemorar o día internacional da muller traballadora. O eslogan elexido para esta segunda edición foi “Miña nai, nai traballadora” e na cita participaron todos os alumnos de 4º, 5º e 6º dos CEIP de Barreiros. Ao final resultaron premiados dous por curso. O alcalde, Alfonso Fuente, foi o encargado de facerlles entrega dos agasallos na xornada de onte no salón de plenos do Concello. Os premiados foron: En 4º Samuel do CEIP San Cosme, Carla Vázquez Álvarez do CEIP San Miguel. En 5º curso: Lorena Fernández Afonso do CEIP San Cosme, Daniel Cortiñas do CEIP San Cosme. E en 6º curso: Diego Dorrego Díaz (do CEIP San Cosme), Rebeca Otero Rubio (CEIP San Miguel)
“Miña nai, nai traballadora” gañou o “II Concurso de Poesía” do Concello de Barreiros
“Miña nai, nai traballadora” gañou o “II Concurso de Poesía” do Concello de Barreiros
Relacionado
-
O deputado Daniel García visitou as instalacións do Club de Remo de Ribadeo, que ampliou o seu equipamento coa compra dunha nova embarcación coa colaboración da área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación
-
Teatro en San Cibrao este sábado, 7 de decembro
-
Continúan as rutas que organiza a guía Ana Pena pola Mariña no mes de decembro