A Delegación de Medio Ambiente de Ribadeo celebrará mañá cos nenos do colexio Gregorio Sanz a semana forestal mundial. O edil Horacio Cupeiro ven de anunciar que “os rapaces van prantar 3 camelias, 20 alegrías, 2 freixos, 2 cerdeiras e 2 castaños”. Tamén haberá charlas e obradoiros nos que os nenos aprenderán a facer semilleiros e inxertos. Os actos darán comezo mañá venres ás 10:30 horas.