Site icon Crónica3.com A Mariña

Marosa Jazz Project presentará os temas da súa primeira gravación nun concerto en Burela

Nota de prensa

O cuarteto Marosa Jazz Project presentará en concerto os temas da súa primeira gravación, na que fan unha reinterpretación persoal de distintos standars de jazz adaptados ás características da formación. Ademais, interpretarán temas propios, dentro do que é o estilo que mellor define á agrupación, o latin-jazz, compostos polo arranxista e vibrafonista Israel Arranz.

A cita terá lugar o próximo venres, 4 de marzo, ás 21:30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Burela. A entrada de balde.

Intérpretes:

* Roberto Bouça: saxo alto
* Israel Arranz: vibráfono
* Mario Arranz: baixo eléctrico
* Eusebio L. Egea: batería

blog da formación: marosajazzproject.blogspot.com

Seminario de Jazz e Música Moderna Burela
www.seminariojazzburela.blogspot.com

Exit mobile version