Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 300 persoas nunha conferencia da A.X. As Minas sobre Alzhéimer na Pontenova

NOTA PRENSA

ASOCIACION XUVENIL AS MINAS, CONFERENCIA SOBRE O ALZHEIMER.

Dende a Asociación Xuvenil AS MINAS, organizadora da Conferencia sobre o ALZHEIMER que tivo lugar hoxe en A PONTENOVA, queremos manifestar o noso agradecemento ao numeroso público asistente que encheu o salón de actos da casa de cultura da nosa vila (pasamos de 300 asistentes), veciños de A Pontenova e arredores, incluso xente que asistiu de outros concellos e nos manifestou o seu interese por ter máis coñecementos sobre a demencia do ALZHEIMER.

Eu, como presidente da asociación dou a noraboa unha vez máis á directiva que compón a Asociación Xuvenil AS MINAS. Esta foi unha actividade que serviu para que a xente coñecera mellor a enfermidade do ALZHEIMER, unha efermidade que por desgracia está cada vez máis presente entre nosoutros, e ademáis serviu para que a xente coñecese a labor da Asociación de Familiares de Enfermos de ALZHEIMER de Lugo AFALU, que traballa con enfermos de alzheimer e outras demencias, prestando, tamén,  axuda para que os familiares destes saiban levar mellor os coidados destes enfermos, aportándolles axuda psicológica. Neste sendo, dende a nosa asociación poñémonos a disposición de AFALU para calquera tipo de proxecto ou axuda que consideren oportuna. Admiramos a súa labor e aportaremos o que esté na nosa man para colaborar con esta asociación e coa súa labor de axuda os familiares e enfermos de alzheimer.

AGRADECEMENTOS.

Agradecemos a ponencia do doutor Fernando Veiga, Médico Xeriatra, ex – presidente da sociedade galega de xeriatría e xerontoloxía e presidente da española, a súa colaboración foi moi importante para nós, xa que ademáis de ser toda unha institución no mundo da xeriatría, é un veciño do noso concello. Neste senso quero destacar o esforzo e interese que puxo en asistir como ponente á nosa conferencia.

Tamén agradecer a presencia de Carmen Pena e Valentín Calvín, presidenta de AFALU e Psicólogo e director do centro de día de AFALU, que nos explicaron cal era a súa labor con esta enfermidade.

Por último agradecer a OVIDIO RODEIRO director xeral de XUVENTUDE E VOLUNTARIADO da XUNTA DE GALICIA, que nos subvenciona estas actividades que realizaremos ao longo do ano, incluidas dentro do programa de INICIATIVA XOVE da ASOCIACIÓN XUVENIL AS MINAS. Dicir que Ovidio Rodeiro estaba invitado ao acto e mostrara o seu interese en asistir, pero finalmente por problemas coa axenda non puido estar presente na nosa conferencia.

Exit mobile version