Site icon Crónica3.com A Mariña

Lalín acolle o 7 e o 8 de marzo a fase final da XX Copa Galicia de Fútbol Sala

Nota de prensa

PRESENTACIÓN DA XX COPA GALICIA (LALÍN, 7-8 MARZO)

O consistorio de Lalín acolleu esta mañá a fase final da XX Copa Galicia de Fútbol Sala que se disputará o 7 e 8 de marzo e que enfrontará no Lalín Arena o Azkar Lugo e o Burela FS, na primeira semifinal, e Lobelle de Santiago e o Mera FS, na segunda.

O acto estivo encabezado polo presidente da Federación Galega de Fútbol Sala, Juan Probaos; o coordinador de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Guillermo Barcia; o alcalde de Lalín, José Crespo; e o concelleiro de Deportes, Nicolás Varela, ademais de representantes dos catro clubs participantes, entre os que asistiron José Luis Sáez e Fernando López, director xeral e xerente da entidade laranxa, respectivamente.

Luns 7de marzo

19.00 horas: Azkar Lugo-Burela FS

21.00 horas: Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago-Mera FS

Martes 8 de marzo

18.30 horas: FINAL

Exit mobile version