Nota de prensa
O titular do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, deu conta do devandito compromiso durante a súa intervención no debate plenario sobre o estado da autonomía que está a ter lugar hoxe no Parlamento de Galicia
O PRESIDENTE DA XUNTA ANUNCIA A AMPLIACIÓN DO HOSPITAL DA COSTA
* “Está na axenda do Goberno”
A Mariña, 15 de marzo de 2011.- O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo anunciou a ampliación do Hospital da Costa. Así o deu a coñecer hoxe o Partido Popular da Mariña quen quixo facerse eco das palabras do titular do Executivo galego durante o debate plenario sobre o estado da autonomía que está lugar no Parlamento de Galicia.
Feijóo indicou que, pese a sufrir un contexto económico de crise e restricción orzamentaria a Xunta de Galicia ten dous obxectivos: garantir a calidade asistencial do sistema público de saúde e mellorar a atención e as infraestruturas sanitarias. Neste contexto efectuou un dos anuncios máis esperados polos veciños da comarca, o que ten por obxecto a ampliación do centro hospitalario da Mariña lucense, que conta xa con máis de 25 anos de servizo. O Presidente da Xunta dixo literalmente que “está na axenda do Goberno a ampliación do Hospital da Costa”, de Burela.