Nota de prensa
Corríxese así unha decisión do anterior Executivo bipartito que ao excluír a esta localidade do Plan Director de Infraestruturas Náutico Deportivas privoulle de dispoñer destas instalacións non antes do 2020
O PARLAMENTO GALEGO INSTA Á XUNTA, A PROPOSTA DO GRUPO POPULAR, Á ELABORAR DE XEITO INMEDIATO OS ESTUDOS TÉCNICOS NECESARIOS PARA CREAR UN PORTO DEPORTIVO EN SAN CIPRIÁN
* Reclaman que, unha vez determinada a opción técnica máis favorable, esta se execute incluíndo os máis modernos modelos construtivos e garantindo o máximo respecto ambiental
Santiago de Compostela , 18 de marzo de 2011.- No seo da Comisión de Pesca e Marisqueo celebrada esta mañá no Parlamento galego acadouse un acordo polo que, a proposta do Grupo Parlamentario Popular, do deputado mariñán Jose Manuel Balseiro, a Cámara insta á Xunta de Galicia a elaborar de xeito inmediato os estudos técnicos necesarios para crear un porto deportivo de San Ciprián. O mandato tamén establece que unha vez determinada a opción técnica máis favorable, esta se execute incluíndo os máis modernos modelos construtivos e garantindo o máximo respecto ambiental. O Grupo Popular expresa a súa sorpresa polo feito de que o BNG non apoiara cos seus votos a creación dun porto deportivo nesta localidade.
CORRECCIÓN DO PLAN ESTRATÉXICO DO BIPARTITO
Coa adopción deste acordo corrísexe ademais unha decisión do anterior Executivo bipartito que excluía expresamente a esta localidade lucense das contempladas no Plan Director de Infraestruturas Náutico Deportivas. Deste xeito, na anterior lexislatura, a Xunta gobernada por PSOE e BNG priváballe a San Ciprián da posibilidade de dispoñer destas instalacións non antes do 2020, data na que estaba prevista a primeira revisión deste plan extratéxico.
Non só dende o Goberno bipartito socialistas e nacionalistas negaron a construción deste porto tamén incluso desde o Parlamento onde rexeitaron as iniciativas que daquela rexistrou o PP para crear estas instalacións náuticas.
BENEFICIARSE TAMÉN DO IMPULSO TURÍSTICO
A iniciativa xustificaba a petición sinalando que as instalacións portuarias actuais (nin o peirao pesqueiro, nin o industrial que é unha concesión da multinacional Alcoa) non están capacitadas para brindar a posibilidade de abrir Cervo a novos usos, como o do turismo náutico. A axilización dos trámites para a construción do porto deportivo permitirá que San Ciprián tamén poida ser beneficiario da riqueza e do potencial que supón a posibilidade de dispoñer dunha instalación de atracada e dos programas vinculados ao desenvolvemento do turismo náutico, tanto dende o punto de vista turístico como promocional.