Nota de prensa
V FEIRA DA ARTESANIA DO FERRO – RIOTORTO ‘11
O son dos ferreiros volverá a soar unha vez máis o vindeiro domingo de 10 abril, nunha celebración na que a promoción e exhaltación deste oficio será a base fundamental desta cita.
A charanga e Vilalba ofrecerá sendos pasarúas pola mañá e pola tarde amenizando aos visitantes, en tanto que o grupo folk Os Minhotos actuará ás oito da tarde na praza do Concello.
V FEIRA DA ARTESANÍA DO FERRO
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
DOMINGO 10 DE ABRIL
11,00 h. APERTURA DA FEIRA
Artesanía dos ferreiros en Riotorto, Obradoiro de Ferro Infantil, Exposición do Tecido Socioeconómico do Concello de Riotorto, Artesáns, Obradoiros de Alfarería e Talla en madeira
11,15 h. Pasarrúas a cargo da CHARANGA de VILALBA
11,30 h. Obradoiro de Alfarería a cargo de Os de Laura (Buño)
Obradoiro de Talla de madeira a cargo de Clara Naseiro (Vilalba)
Demostración de Ferrado de Cabalos a cargo de Noel Cortón
12,00 h. Acto de inauguración Oficial da V Feira da Artesanía do Ferro
Actuación musical dos Gaiteiros de Riotorto e do Coro Parroquial
12,30 h. Demostración en Vivo da Artesanía do Ferro de Riotorto
13,00 h. Demostración en Vivo dos Ferreiros de Riotorto, Alberto Leis (Santiago de Compostela) e Alfredo Latorre (forxador de Navarra)
Animación de Rúa a cargo de Kote Malabar co espectáculo “Cirkote”
13,30 h. Obradoiro de Ferro Infantil, a cargo do Ferreiro austriaco Friedrich Bramteidl
14,00 h. Animación de Rúa a cargo de Rodesindo da Barrosa “O Afiador”
17,00 h. Pasarrúas a cargo da CHARANGA de VILALBA
Demostración en vivo da Artesanía do Ferro de Riotorto
Obradoiro de Ferro Infantil, a cargo do Ferreiro austriaco Friedrich Bramteidl
17,30 h. Animación de Rúa a cargo de Kote Malabar co espectáculo “Cirkote”
18,30 h. Animación de Rúa a cargo de Rodesindo da Barrosa “O Afiador”
20,00 h. Actuación musical do Grupo OS MINHOTOS
Degustación de productos expostos
Carpa con degustación de Polbo e Comida