Site icon Crónica3.com A Mariña

Expertos en estudos demoscópicos, estratexia e comunicación política participaron en Mondoñedo nun acto NN.XX

NOTA DE PRENSA

Expertos en política e comunicación axudan ao PP a asentar as bases da profesionalización electoral e a optimizar os resultados

* A mesa redonda, baixo o título “Estratexia de Campaña en Eleccións Municipais”, celebrouse onte en Mondoñedo
* Daniel Vega incentivou a NNXX “a tomarse en serio a política, a ter os pés na terra e a traballar pola xuventude que é o futuro do país”

Mondoñedo, 27 de marzo de 2011.- Expertos en estudos demoscópicos, estratexia e comunicación política participaron onte en Mondoñedo na mesa redonda “Estratexia de campaña en eleccións municipais”, organizada por Novas Xeracións da cidade co obxecto de axudarlle ao Partido Popular local a asentar as bases para efectivizar e profesionalizar o traballo nas campañas electorais, relegando das malas prácticas e deseñando o camiño a seguir para obter os mellores resultados nos comicios do 22 de maio.

No acto, organizado pola xunta local de NNXX e celebrado na casa da xuventude mindoniense, participaron unhas 50 persoas e nel interviron o xornalista e asesor do candidato á alcaldía lucense, Pablo Vázquez; o director de Analiza Técnicas de Investigación Social, Pablo López; e o profesor de Ciencias Políticas e Xornalismo, Miguel Anxo Bastos Boubeta.

O presidente provincial de Novas Xeracións, Daniel Vega, incentivou a Novas Xeracións “a tomar sen serio a política, a ter os pés na terra e a traballar pola xuventude que é o futuro”. Vega resaltou “a necesidade de que a xuventude sexa de Novas Xeracións” “Cada día sumanos e multiplicamos, nunca restamos ou dividimos”, exemplificou.

Vega recalcou no importante papel de enlace que supón a agrupación política xuvenil vinculada aos populares. Asegurou que “somos o fío que úne xuventude e política. Canalizamos ao partido as necesidades dos novos, loitamos polo cumprimento das súas demandas actuais e por garantizarlles o benestar futuro”. Neste sentido engadiu que “cada un de nós temos este cometido e debemos ter claro que a política é vivir e traballar polo ciudadán. Loitar para suplir as inquedanzas da xente”. “A cada insulto da oposición, nós unha proposta, loitamos polos ciudadanos”, concluiu Vega.

Pola súa banda, a alcaldable mindoniense, Elena Candia, fixo fincapé na importancia da constitución da xunta local de Novas Xeracións. En referencia a agrupación, asegurou que “se paga un prezo por non ser libre pero a implicación goza de maior valor”. Así mesmo, Candia precisou que NN.XX axuda a constituir unha “estrutura de partido firme e cando a estrutura é forte o partido recupera goberno”.

En referencia ao acto, a candidata local recordou a anterior campaña como “sucia e desagradable”, así as ponencias “enlazan coa nosa liña de traballo, cunha política respectuosa e coherente”.

Exit mobile version