Site icon Crónica3.com A Mariña

Entregan os premios do concurso de guións “Cine nas aulas” para a promoción da igualdade en Ribadeo

Nota de prensa

O VINDEIRO XOVES TERÁ LUGAR A ENTREGA DE PREMIOS AOS TRABALLOS FINALISTAS DO CONCURSO DE GUIÓNS CINEMATOGRÁFICOS CINE NAS AULAS PARA A PROMOCIÓN DA IGUALDADE. SERÁ ÁS OITO DA TARDE NO CINE TEATRO DE RIBADEO.

Ribadeo, 8 de marzo de 2011. O vindeiro xoves 10 de marzo terá lugar a entrega de premios aos traballos finalistas do concurso de guións cinematográficos Cine nas aulas para a promoción da igualdade. Será no Cine Teatro, onde tamén se presentará a curtametraxe gañadora A Xenia do fútbol e a arte de Fabio.
A concelleira de Muller e de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, sinalou que “este proxecto forma parte da campaña Un futuro por compartir en igualdade, que desde hai seis anos facemos en colaboración cos centros de ensino de Ribadeo”. E explicou que “neste caso a elaboración dos guións está orientado aos alumnos de secundaria. Este ano participaron entre 50 e 60 alumnos de todos os centros de secundaria do noso concello, é dicir do Sagrado Corazón, do IES Porta da Auga, centro integrado e IES Gamallo Fierros. Os traballos presentados foron 15 e 5 foron os finalistas”.
Álvarez Lastra convidou “a todas persoas que o desexen a que o xoves ás oito da tarde se acheguen ao Cine Teatro a ver a proxección da curta gañadora A Xenia do fútbol e a arte de Fabio do IES Gamallo Fierros. Dicir que dentro dos cinco finalistas o Gamallo Fierros acadou o primeiro premio, o segundo tamén foi para este instituto, o terceiro para o IES Porta da Auga, o cuarto para o Sagrado Corazón e o quinto para o Gamallo Fierros”. A edil de Muller engadiu que “o cd grabado será empregado como material educativo, que se distribuirá a todos os centros de en

Exit mobile version