Nota de prensa
A CONSELLERIA DE EDUCACIÓN SEGUE ANUNCIANDO A AMPLIACIÓN DO PABILLÓN DE GALDÍN, DOUS CURSOS DESPOIS DA UNIFICACIÓN DOS CENTROS
O RETRASO NA AMPLIACIÓN DEMOSTRA A FALTA DE RIGOR NO PROCESO DE UNIFICACIÓN DO ALUMNADO DE SAN CIPRIAN E O POUCO QUE IMPORTAN AS FAMILIAS E OS NENOS EN TODO ESTE ASUNTO
CERVO, 15 DE MARZO
A Conselleria de Educación foi asesorada por “esperpentos” en lugar de por expertos e só desta maneira pódese explicar todo o relacionado co proceso de unificación dos centros educativos de San Ciprián. Despois de que no ano 2009 a Conselleria de Educación perpetrara un atraco educativo sen precedentes en toda Galicia, coa colaboración necesaria dos populares de Cervo, unificando por sorpresa e in-extremis os dous centros educativos, a realidade é que a día de hoxe o centro de referencia aínda non dispón dun pabillón axeitado para albergar a toda a comunidade educativa.
E iso, a pesares que dende o goberno de Cervo, os populares levan anunciando a obra de ampliación dende o mes de setembro do ano 2009, e mesmo o conselleiro de educación dixo en xuño do ano pasado que os nenos iniciarian o curso 2010-2011 co novo pabillón rematado. Agora, de novo a delegada da Xunta, Raquel Arias, volve a anunciar a licitación das obras. Con este anuncio, xa van tres, pero as obras aínda non teñen visos de comenzar, a pesares de que a día de hoxe son moitos máis os nenos que cursan estudos no centro, e por tanto é máis xustificada a urxencia do comezo das obras, que xa deberían estar planificadas polos responsables de educación dende o momento no que deciden unificar os centros. Pero a lóxica, neste caso fallou.
Os nenos poden esperar, o PP non
Para darlle máis ambiente de esperpento á situación, mentres no centro educativo seguen esperando pola ampliación do pabillón, anuncio tras anuncio, a única obra que avanza a bo ritmo en Cervo é a relacionada co derribo do Rivera Casás, cuia licitación, adxudicación e posterior execución, ao contrario do que ocorre co pabillón de Galdín, fíxose en tempo record.
O goberno de Cervo tivo ocasión de demostrar cales eran as súas prioridades e quedaron en evidencia. Vaise a inaugurar primeiro unha praza, sen estar tan siquera licitadas as obras do pabillón. Toda unha demostración do interese que tiñan polos nenos de San Ciprián e Cervo