Con motivo da celebración o 22 de marzo do “Día Mundial da Agua “, a Biblioteca Municipal de Burela súmase ás iniciativas que poñen en valor este recurso finito, considerado o ouro líquido do século XXI. E faino cunha pequena exposición dos seus fondos, lecturas nas que, se faltase a auga, non habería aventura, nin diversión, nin historia… como a vida mesma. A exposición estará aberta ata o vindeiro 15 de abril, de luns a venres de 10 a 13 horas e de 16 a 20 horas. Os libros divirten e entreteñen, pero tamén forman , informan e educan , tanto o 22 de marzo coma o resto do ano.
Día Mundial da Agua na biblioteca Municipal de Burela