Nota de prensa
OS CONCELLOS QUE COMPARTEN A UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS ACORDARON INSTAR Á XUNTA PARA QUE AXILICE O PAGO DAS SUBVENCIÓNS NAS DATAS COMPROMETIDAS, SEGUNDO VEN DE ANUNCIAR ALFREDO LLANO. A BURELA ADEBÉDANLLE 150.000 EUROS DO 2010 E OS TRES MESES DESTE ANO.
Burela, 10 de marzo de 2011. Os dez concellos que comparten a Unidade Asistencial de Drogodependencias, ubicada en Burela, acordaron instar á Xunta para que axilice o pago das subvencións nas datas comprometidas, segundo ven de anunciar o alcalde, Alfredo Llano. Ata o momento o Concello de Burela estivo a adiantar a totalidade da subvención do ano 2010, arredor de 300.000 euros, e os tres meses que van deste 2011. O rexedor sinalou que “o 30 de decembro pasado a Xunta pagóunos a metade do 2010 e agora quédanos pendente a outra parte. Ademáis agardamos recibir en breve o 80% da subvención comprometida para este ano” e recoñeceu que “si se cumpren os prazos nos pagos todo será máis fácil”.
Alfredo Llano, convocante do encontro desta tarde en Burela, contou que “lles comentei aos outros alcaldes a preocupación que temos no noso Concello ao facernos cargo da cuantía dos gastos da Unidade de Drogodependencias. Nós temos unha subvención anual que permite que este servizo funcione á perfección, pero o ano pasado adiantamos uns 300.000 euros de gastos e iso fáille bastante dano ás contas de Burela”. O alcalde asegura que “esto non se pode extender no tempo porque lóxicamente porque sería imposible de soster” e engadiu que “en drogodependencias existen dúas sección: prevención e tratamento. No ámbito de prevención acordamos manter as actividades desenvolvidas cos educadores sociais e cada Concello aportará o antes posible a parte que lle corresponde. Hai algúns que teñen todo pagado, pero hai outros que, tal e como están as cousas, seguen pendentes de abonar esas cantidades. Todos se comprometeron a realizalos o antes posible”.
O rexedor dixo que “acordamos instar á Xunta e á Fegamp para demandar que se efectúen o antes posible as subvencións comprometidas e así que o 80% deste ano nos chegue canto antes. Si eso se consigue en poucas datas todo será máis fácil. Temos intención de seguir co convenio que temos co Sergas para manter este servizo tamén durante o ano 2012, porque todos consideramos que é moi importante para a totalidade da nosa comarca. Tamén acordamos facer un estudio e unha valoración dos casos de drogadicción que se están a dar en cada concello, con técnicos, educadores e políticos para chegar a conclusións e poder atallar dalgún xeito esta problemática”.
Os alcaldes participantes no encontro celebrado esta tarde en Burela acordaron tamén analizar a la situación da Unidade Asistencial de Drogodependencias na Mancomunidade de Municipios da Mariña. Alfredo Llano subliñou que “todos queremos este servizo, valoramos moitísimo que estea na nosa comarca e que funcione como funciona e queremos que se nos fagan efectivas as cuantías que se adebedan o antes posible para recuperar a normalidade económica do noso Concello”