Site icon Crónica3.com A Mariña

“De inmediato”

O uso, demagóxico e oportunista, que os políticos fan de distintos termos, fai que a palabra perda o significado e, polo tanto, a forza expresiva, aumentando a falta de credibilidade que afecta, en xeral, á cras dirixente. Dí o diccionario que “inmediato” significa “contiguo, moi cercano”, ou que “sucede de contado, sen tardanza” Pódese decir que nos gobernantes iste mal uso dase a cotío. Poñemos como exemplo dúas actuacións que se levan a cabo na bisbarra, e que no seu día anunciáronse de “inmediata” execución.. O ano 1994 celebráronse en Foz as primeiras Xornadas Históricas da Mariña. Un dos días analizouse o presente e futuro do turismo na zona, coa presencia do conselleiro do ramo, Sr.García Bobadilla. Houbo rolda de prensa con coñecidos xornalistas: Daniel Hortas, Ramón Pernas, Luis Mariñas, Elías Rodriguez, Antón Reixa… No posterior debate alguen preguntou ó conselleiro:”¿ten o seu departamento prevista algunha inversión na bisbarra”? O interpelado asegurou que tiñan entre mans certas cuestións, pero que de “inmediato” ían a realizar obras de conservación e rehabilitación no pazo de Tovar, en Lourenzá. Pois parece que agora, 17 anos despois daquel anuncio, faise realidade.¿Qué entenderán os políticos por “inmediato”?.En febreiro de 2008 fixo unha visita á Mariña o presidente de Portos da Xunta, En Foz convocou unha reunión o señor alcalde á que asistiron os presidentes da Confraría e o Clube Náutico, algúns directivos e outras persoas relacionadas co mundo do mar, e tamén este cronista. O que se tratou alí resultou frustrante para os presentes, aínda que non, acaso, para todos. Pero sempre a mesma engañifa: que estaba a redactarse o plan director de Portos e que se contemplaría a posibilidade dun deportivo para Foz, algo que sabíamos incerto, pois había tempo que aquel organismo o tiña desbotado. Pero, eso sí, ó marchar asegurou que, de “inmediato”, ía a dragarse a dársena. Pasaron tres anos, e agora estase neso, e non sen polémica, motivada polo traslado da area. Unha suxerencia: mandala polo aire. Pero, por favor, ¡que non sexa de “inmediato”!…

Suso Fernández

Exit mobile version