Nota de prensa
Medio Rural asinou hoxe en Cervo os convenios para a mellora das infraestruturas rurais
Juárez asinou hoxe en Cervo os convenios para a mellora das infraestruturas rurais
* En total, son 14 concellos da zona os que se beneficiarán dos Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural
O PEIM Rural é un plan que inclúe proxectos financiados pola Consellería do Medio Rural e o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño co fin de levar a cabo actuacións en materia de desenvolvemento rural. No convenio establécese un marco xeral de cooperación onde se definen as liñas xerais de colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas rurais.
Obxecto e Actuacións
O convenio establece que o Ministerio, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible do Medio Rural, colabore no financiamento de actuacións relativas a camiños agrícolas e pistas rurais. Pola súa parte, a Xunta de Galicia realizará actuacións de infraestrutura rural. A estas infraestruturas, que están financiadas integramente pola Xunta, sumaranse outras novas cando o Ministerio aporte a súa parte.
O órgano encargado de realizar o seguimento de execución e cumprimento das actuacións obxecto do convenio é a Comisión de Seguimento, integrada por persoas de ámbalas dúas Administracións.
Concellos beneficiarios
Os concellos que se beneficiarán destas melloras son Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ribadeo, Riotorto, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.