Nota de prensa
Confederación Intersindical Galega
A Mariña
NOTA DE PRENSA
A CIG ACADA A MAIORÍA ABSOLUTA NAS ELECCIÓNS SINDICAIS NO CONCELLO DE RIBADEO
A CENTRAL NACIONALISTA CONSEGUE 4 DOS 5 REPRESENTANTES
A CIG obtivo a maioría absoluta nas eleccións sindicais celebradas onte no Concello de Ribadeo obtendo 4 dos 5 representantes que se elexían. A CGT obtivo o outro.
Dende a CIG valoramos moi positivamente non só os resultados obtidos senón tamén a alta participación no proceso xa que ésta foi dun 89%. Agradecemos aos traballadores a confianza depositada en nós e no noso modelo sindical, reivindicativo, non pactista e de loita na defensa dos dereitos da clase obreira.
Os resultados máis detallados foron os seguintes:
CENSO | CIG | CGT | CC.OO | |
Especialistas | 41 | 21 | 7 | 6 |
Técnicos | 34 | 27 | 6 | |
TOTAL | 75 | 48(64%) | 7 | 12 |
Representantes:
CIG | CGT | CC.OO | |
Especialistas | 2 | 1 | 0 |
Técnicos | 2 | 0 | 0 |
TOTAL | 4 | 1 | 0 |