Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo abre o prazo para solicitar subvencións para a promoción do emprego autónomo

Nota de prensa:
Así o informan desde a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Cervo que asesora e tramita estas axudas

APERTURA DO PRAZO PARA A SO LICITUDE DE SUBVENCIÓNS PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

* Os interesados teñen ata o 30 de Setembro para facer efectiva a súa solicitude

Cervo, 29 de Marzo de 2011 .- A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Cervo, da que é responsable a edil popular, Yolanda Pedreira, vén de informar da publicación por parte da Consellería de Traballo e Benestar, no DOGA do venres, 25 de marzo, das bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Desde a Axencia de Emprego local explican que a finalidade deste programa é axudar a financiar aqueles proxectos que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas.

Ao abeiro de esta orde, subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, que se formalicen desde o 01 de xuño do 2010 ata o 30 de setembro de 2011.

O programa comprende varios tipos de axudas; polo establecemento como traballador autónomo ou por conta propia, subvención financeira, para asistencia técnica, para a formación, unha axuda excepcional, e tamén se inclúe unha subvención pola primeira contratación indefinida para os autónomos que realicen esta contratación durante o primeiro ano de actividade.

Este programa contempla unha consideración especial para os traballadores autónomos e profesionais que teñan o seu domicilio fiscal nun concello rural galego. Para os efectos de esta orde, Cervo é considerado como tal.

Na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local de Cervo, sita na Casa do Concello ofrecen o asesoramento axeitado e tramitan estas solicitudes. Tamén é posible obter máis información no teléfono 982.55.77.77.

Exit mobile version